_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
Os principais artistas galegos da música infantil se reúne na praia da Concha no Festival de Estío, o 16 de xullo. CONSULTA AQUÍ O PROGRAMA

Paco Nogueiras, Orivarai, a Gramola Gominola e Sons Miúdos, todo acompañado de xogos populares e animación teatral compoñen o programa que baixo o título de Festival de Estío encherá de animación a praia da Concha o vindeiro sábado 16 de xullo. Será o gran festival da música infantil de Galicia, no que colaboran a Agadic e o Concello.
30.06.2016. Nunha nova aposta polo público familiar, unha fórmula na que se inscribe tamén o Festiclown que tanto éxito obtivo en San Roque 2015 ou o máis recente Ágora Vermú, este Festival de Estío foi presentado pola concelleira de Cultura, Sonia Outón, e Emi Candal, da empresa Urdime, organizadora técnica deste evento, e dous músicos ben coñecido, Pablo Vidal e Paco Nogueiras, este último un auténtico ídolos dos máis pequenos.

Tan convencidos están do éxito da convocatoria que organizadores e músicos convidan ás familias a acudir á praia co seu picnic para pasar un día distinto entre o mar e a diversión que proporcionarán os xogos infantís, o teatro de rúa e, sobre todo a música, na que ademais a participación do público está asegurada.

O programa comezará ás 12,30 horas co teatro dos Ghazafelhos. Despois actuará Paco Nogueiras. Xa pola tarde, a partir das 17,30 horas, haberá novas actuacións: Orivarai, A Gramola Gominola e Sons Miúdos, unha banda da que participa tamén Paco Nogueiras. Os xogos populares serán dirixidos pola Casa dos Xogos, unha ludoteca itinerante chega de vida, diversión e apredizaxe, e polos Xogos do Paparrubio, un compendio de xogos autónomos e animados de temática agraria.

Consulta aquí o PROGRAMA COMPLETO:

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -