_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
As augas de Vilaxoán acollen este sábado a disputa da “XXII Bandeira Concello de Vilagarcía” de traíñas

As augas do porto de Vilaxoán acollerán este sábado, a partir das 18:30 horas, a disputa dunha nova bandeira Concello de Vilagarcía de traíñas, que chega xa a súa XXII edición. O club de remo Vilaxoán sairá na primeira quenda, xunto con Mugardos, Perillo e Bueu. Amegrove, Castropol, Coruxo e Chapela disputarán a segunda.
30.06.2016. Na presentación da competición, hoxe, o presidente da Fundación de Deportes, Miro Serén, destacou a aposta do goberno local polos deportes náuticos, como se demostra na recente creación da escola municipal de remo, precisamente en colaboración co club vilaxoanés. A isto tamén se referiu o presidente do club e tamén adestrador, Gelo Tarrío, quen agradeceu publicamente non so ese apoio, despois de varios anos de intentos para crear a escola, senón pola constante atención que reciben do actual do goberno e, segundo destacou, do propio alcalde, Alberto Varela.

Gelo Tarrío non foi moi optimista respecto das posibilidades do club local nesta Bandeira, posto que se atopan nun proceso de transición cun plantel puramente “canteirán”. “Sabemos que este ano é de aprendizaxe”, dixo. Tarrío asumiu que foi unha decisión arriscada, pero expresou a súa confianza en que nun futuro próximo o club volverá a ser competitivo.

O presidente do club anunciou tamén que as vindeiras regatas de traíñas serán o 9 en Chapela e o 10 no Grove, e que Vilaxoán volverá a remar en augas locais o 14 de agosto, en Carril, coincidindo coa Festa da Ameixa.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -