_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
NOVAS TECNOLOXÍAS
Xuventude organiza un campamento tecnolóxico para mozos de 15 a 35 anos

A Concellería de Xuventude pon en marcha este verán un Campamento Tecnolóxico destinado a mozos e mozas de 15 a 35 anos de idade. Trátase dunha actividade gratuíta onde os participantes recibirán formación práctica sobre o uso de tecnoloxías emerxentes como aplicacións móbiles, robótica, programación ou GPS, co fin de que as poidan aplicar ás súas actividades laborais, sociais ou de ocio.
24.05.2016.- O departamento que dirixe Sonia Outón oferta 50 prazas para esta interesante actividade cuxa participación é totalmente de balde. O primeiro campamento, para un grupo de 25 usuarios, desenvolverase durante a semana do 11 ao 15 de xullo en horario de 10 a 15 horas; mentres que o segundo será a seguinte semana, do 18 ao 22 de xullo, co mesmo horario. As sesións impartiranse en dependencias municipais e na sede da asociación sen ánimo de lucro O Núcleo, cuxos membros son os encargados de impartir as actividades que inclúen obradoiros, saídas prácticas á cidade e charlas de profesionais.

A Concellería de Xuventude oferta estes campamentos tecnolóxicos no marco das accións formativas orientadas a mellorar as opcións de empregabilidade ou de promoción laboral da mocidade. Tamén pretende que a formación nestas tecnoloxías contribúa á creación de redes xuvenís que animen ao desenvolvemento de proxecto participativos e sirvan para intercambio de experiencias e proxectos.

O prazo de inscrición para os campamentos tecnolóxicos xa está aberto. Os formularios poden baixarse dende o taboleiro de anuncios da web municipal e debe presentarse debidamente cubertos ata o 17 de xuño no Rexistro xeral do Concello. A lista de admitidos publicarase o 27 de xuño.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -