SERVIZOS SOCIAIS
Ábrese o prazo de reclamacións á lista provisional de admitidos na Escola Infantil Municipal A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a lista provisional de nenos e nenas admitidos na Escola Infantil Municipal para o curso 2016/17, así como as correspondentes listas de agrada. A partir de mañá, 3 de maio, ábrese o prazo para que os interesados presentes as reclamacións que consideren oportunas de cara á publicación da listaxe definitiva. As alegacións poden tramitarse ata o 12 de maio, incluído.
02.05.2016.- A lista definitiva publicarase o día 30 de maio e, a partir de aí, as familias dos alumnos admitidos deberán formalizar a matrícula na propia Escola Infantil da Lomba entre o 1 e o 10 de xuño. A formalización da matricula neste prazo sinalado é imprescindible para confirmar a praza. Se non se realiza, a persoa interesada decaerá da súa solicitude.
En principio e de xeito provisional son 119 os alumnos admitidos na gardería municipal para o vindeiro curso habendo unha lista de agarda composta por 55 nenos para o grupo de bebés (1 praza) e de 1 ano (54). No grupo de 2 anos, existen dúas prazas vacantes.