_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
Dezasete familias e quince xóvenes xitanos participan no programa “Sarsalé” do Concello

Os Servizos Sociais do Concello de Vilagarcía seleccionaron xa ás persoas que participarán no programa “Sarsalé” para a integración da poboación xitana. Serán 17 familias con fillos de 3 a 12 anos e un grupo de mozos e mozas de 17 a 22 anos os beneficiarios desta iniciativa consistente en intervencións tendentes a mellorar as súas condicións de vida en todos os aspectos, dende o económico ata o psico social. A selección realizouse entre os usuarios dos servizos sociais que se atopan en situación de exclusión.
30.05.2016.- O programa “Sarsalé”, que significa “acompañamento” en caló, comezará no mes de xuño e terá unha duración inicial de seis meses. Antes, a mediados de maio, convocarase ás familias e xóvenes seleccionados para presentarlles o proxecto ao que o Concello destina un orzamento de 17.104 euros dos que se financian cunha subvención de 15.000 da Deputación Provincial aos que se suma unha achega municipal de 2.104 euros.

Aínda que os Servizos Sociais municipais traballan dende hai anos con usuarios deste colectivo dende os respectivos programas e liñas de axudas existentes, este será o primeiro proxecto deseñado especificamente para eles. Ademais, traballarase de xeito coordinado con outras entidades sociais que tamén están intervindo con familias de etnia xitana, como por exemplo Cáritas, a efectos de desenvolver un traballo integral que repercuta con maiores beneficios nos participantes.

No que respecta ao programa “Sarsalé”, as intervencións que correrán a cargo de profesionais da psicoloxía, da pedagoxía familiar ou o traballo social, afondarán tanto en aspectos psico emocionais e afectivos, de empoderamento, mellora da autoestima e igualdade, como en estratexias para acadar a integración social a través da escolarización, da inserción no mercado laboral e mesmo de técnicas para unha eficiente xestión dos recursos. O proxecto de Vilagarcía deseñouse en base á experiencia acumulada polo departamento municipal en anos de traballo con poboación xitana que precisa de asistencia social e en función das necesidades detectadas entre as familias en situación de exclusión, especialmente aquelas que viven en poboados.

O obxectivo do mesmo é lograr unha mellora notable das condicións de vida das familias evitando, por exemplo, q situación detectada ao longo de todos estes anos que é a reprodución xeracional da pobreza, xa que década tras década comprobouse a situación de exclusión vaise herdando de pais a fillos e de fillos a netos dentro dunha mesma familia.

As intervencións levaranse a cabo a través de sesións de traballo grupais e individuais, con toda a familia e, de xeito individualizado, con pais por un lado e fillos polo outro. Do mesmo xeito intervirase cos mozos e mozas. Teranse en conta a situación e as características específica de cada familia, a efectos de que as medidas a poñer en práctica se axusten ás súas necesidades concretas para lograr a inclusión dende a especificidade dos usuarios e respectando sempre a liberdade dos mesmos para decidir e elixir o seu proxecto vital.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -