_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
Lectoriño regresa á programación de Xuventude despois de catro anos e cunha homenaxe a Valle-Inclán

A Concellería de Xuxentude do Concello de Vilagarcía recupera este ano o Lectoriño, a Mostra de Literatura Infantil e Xuvenil , una actividade destinada a fomentar a lectura entre os máis novos. Despois dun impase de catro anos, o Lectoriño celebra esta fin de semana a súa XV edición cun completo programa de actividades que se desenvolverán na antesala do Salón García e que inclúe dende a exposición das últimas novidades literarias de sete editoriais galegas a representacións teatrais, entregas de premios e actividades relacionadas coa lectura e os libros. Ademais, reste rexurdimento, a mostra homenaxeará a Valle-Inclán con motivo do 150 aniversario do seu nacemento.
30.03.2016.- Un dos primeiros obxectivos da concelleira de Xuventude para este primeiro ano de mandato era recuperar a Mostra do Literatura Infantil e Xuvenil que o Concello puxera en marcha no ano1998 converténdose, por entón, na primeira cidade de Galicia en contar cunha feira do libro infantil e xuvenil. Dende entón, e ata 2011, ano no que se celebrou a última edición, o Lectoriño era unha cita inescusable no calendario de actividades da Concellería de Xuventude, unha lugar que Sonia Outón pretende recuperar a partir de este ano, e para o cal se ten deseñado un potente e variado programa de actividades destinadas ao público infantil e xuvenil.

A XV Mostra de Literatura Infantil e Xuvenil abrirá as súas portas o sábado, 2 de abril, coincidindo coa celebración do Día Internacional do Libro Infantil e contará coa participación de sete editoriais. Son Galaxia, Edicións do Castro, Ir Indo, Xerais, Kalandraka, PatasdePeixe, e OQO Editora. Tamén colabora a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia que aporta varios lotes de libros.

A Biblioteca Municipal Rosalía de Castro participa no Lectoriño e celebrará o Día Mundial do Libro Infantil entregando os premios aos mellores lectores/usuarios do seu servizo de préstamo nas seccións infantil e xuvenil. O acto será o sábado ás 11 da mañá.

A continuación, ese mesmo día a compañía Polo Correo do Vento ofrecerá unha actividade homenaxe a Valle Inclán que leva por título “Do que aconteceu no Caleixón do gato”. Xa pola tarde a Fundación Valle Inclán, outra das entidades colaboradoras no Lectoriño 2016, organizará o xogo de pistas dramatizado e interactivo valleinclaniano “A pócima de don Ramón”. E a continuación, Títeres Cachirulo porá en escena no Salón García o espectáculo “A Guerra das Galisias”.

O domingo 3 de abril volverá a abrir a exposición de libros das editoriais e na Rúa Rey aviña haberá a partir das 11:30 horas un espectáculo de animación de rúa “Abril na outra man” que correrá a cargo do grupo de teatro da Fundación Valle-Inclán.

Despois, pero xa no interior do edificio da Casa da Cultura, levarase a cabo a actividade “Conto Contigo”, a cargo de Manuel Solla Barragáns e que se organiza a través da Biblioteca Rosalía de Castro e dunha subvención da Consellería de Cultura.

Pola tarde, a Fundación Vale Inclán regresa coas “Tardes de animación con Don Ramón” para pechar o Lectoriño coa representación teatral “O Fuso Difuso” que terá lugar a partir das 18:00 horas no Salón García.

A entrada e participación en todas as actividades do Lectoriño 2016 é libre é de balde.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -