_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONSUMO
Os produtos e servizos de telefonía móbil motivaron a terceira parte das reclamacións xestionadas pola OMIC

A telefonía, en concreto a móbil, segue sendo a causa principal das consultas e reclamacións xestionadas pola Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) de Vilagarcía. O servizo fixo pública a memoria de actividade do ano 2015 coincidindo coa celebración esta semana, o 15 de marzo, do Día do Consumidor. As estatísticas revelan que do total das 310 reclamacións tramitadas na OMIC, 118 foron motivas por servizos e produtos de telefonía móbil.
24.03.2016.- Aparte deste dato concreto, a OMIC atendeu en 2015 un total de 1.217 consultas de consumidores relacionadas con todo tipo de servizos e produtos. Delas 310 remataron na presentación dunha reclamación formal. A segunda temática máis repetida á hora de facer consultas no apartado de servizos foi a banca e os servizos financeiros (182) e a terceira a electricidade (137). No primeiro caso, 8 derivaron en reclamación formal e no segundo 52.

E no bloque de produtos, despois da telefonía móbil, que xerou 66 consultas e 17 reclamacións, a compra de electrodomésticos foi a temática máis recorrente, con 20 consultas e 5 reclamacións. Calzado e complementos, roupa e alimentación tamén propiciaron consultas e reclamacións, aínda que en menor medida.

A OMIC de Vilagarcía ofrece información, axuda e orientación aos consumidores para o exercizo dos seus dereitos. Tamén se lle sindicas os centros públicos ou privados de interese aos que deben dirixirse para presentar determinado tipo de reclamacións previas ou que se tramitan directamente como a Dirección Xeral de Seguros, Banco de España, Instituto Galego de Consumo, Laboratorio de Consumo, etc.

O persoal da OMIC tamén se encarga de tramitar as reclamacións recibidas e rexistradas a través da aplicación telemática do IGC e de remitir as reclamacións a aos organismos ou entidades correspondentes.

A OMIC emprázase no entrechán do Concello, e funciona de luns a venres en horario de mañá. Os días de atención ao público son os luns, mércores e venres de 8:30 a 14.30 horas. Tamén se poden realizar consultas telefónicas e pedir cita chamando ao número 986 099 200 extensión 222.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -