_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
A Maratón Fotográfica pola Igualdade contará coa participación de 26 concursantes

A Maratón Fotográfica coa que Vilagarcía conmemora o 8M, Día Internacional da Muller Traballadora, segue captando o interese dos afeccionados máis alá das fronteiras do Salnés. Das 26 inscricións para a proba que se desenvolve este sábado, 13 de febreiro, atópanse persoas procedentes de Vilagarcía, Cambados e Caldas de Reis, pero tamén Ourense, Pontevedra, Cangas Ames ou Lugo. O certame interesa tamén a xente de tódalas idades, xa que o abano de idades desta edición vai dos 19 aos 74 anos.
11.02.2016.- O concurso comezará o sábado 13 de febreiro ás 10:30 da mañá dende a explanada do Auditorio. Os participantes deberán entregar os seus traballos no mesmo lugar entre as seis e media e sete da tarde do mesmo día. Terán, pois, nove horas para desenvolver os tres temas que se lles facilitarán o mesmo día do concurso. As dúas da tarde deberán pasar un control no centro sociocultural do Preguntoiro, en Vilaxoán.

Os mellores traballos de cada una das tres categorías recibirán un premio en metálico de 200 euros. O xeito de participar será con cámaras dixitais, as fotos entregaranse en arquivo JPEG e tamaño mínimo de 20x30 cm. Non poderán participar fotógrafos profesionais.

A concellería que dirixe Tania García Sanmartín decidiu este ano adiantar a celebración do Maratón, que tradicionalmente se facía coincidir co 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, coa finalidade de que nesa data puidera inaugurarse a exposición das fotografías participantes e proceder á entrega dos premios. As bases do certame pódense consultar no taboleiro de anuncios da web municipal.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -