_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
Técnicos da estación de Areeiro avalían a situación das árbores da zona de escavacións do Castro de Alobre

Técnicos da estación Fitopatolóxica do Areeiro, dependente da Deputación Provincial, confirmaron que visitarán mañá o castro de Alobre co obxectivo de avaliar a situación dalgunhas árbores situadas na zona das escavacións arqueolóxicas que se están a levar a cabo. A opinión dos expertos foi solicitada polo goberno local que pretende conservar ás árbores ou, cando menos, ver si é posible levantalos para replantar noutro lugar. Trátase dun loureiro e de tres carballos.
11.02.2016.- A área de escavacións do castro delimitada polo equipo de arqueólogos en base aos vestixios exhumados inclúe este grupo de árbores que foron medrando ao longo dos anos por riba dos vestixios soterrados do antigo castro. Por indicacións da concelleira de Urbanismo e do edil de Medio Ambiente, os traballos tratan de realizarse respectando os exemplares vexetais, pero a medida que avanzan as escavacións entre as raíces, tamén se incrementa as posibilidades de que os árbores caian co conseguinte risco para os traballadores.

Dado que a seguridade das persoas é o principal e en previsión de que sexa necesario retirar algunha das árbores, o Concello pretende que os expertos avalíen as posibles alternativas á tala, como afianzar os cepellóns in situ ou levantalos para replantar noutros lugares.

A concelleira de Urbanismo, o edil de Medio Ambiente e a responsable do servizo de Parques e Xardíns acompañarán mañá aos técnicos de Areeiro e aos arqueólogos da escavación na visita prevista para as 9 da mañá.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -