CULTURA
Unha mostra con bonecas ilustra as costumes e traxes típicos de Galicia no Auditorio A sala de exposicións do Auditorio acolle a partir do luns, 5 de outubro, unha curiosa mostra etnográfica protagonizada por bonecas. Os pequenos maniquís vestirán través típicos galegos e representarán diversas escenas da vida cotiá e as costumes autóctonas.
02.10.2015.- A ideóloga desta orixinal iniciativa é a Asociación Galega de Lindefema que organiza a mostra co obxectivo de divulgar a cultura e etnografía galegas de forma vistosa e lúdica e de recadar algúns fondos para financiar as actividades que desenvolve o colectivo de atención a persoas afectadas por lindefema.
A exposición poderá visitarse en horario de tarde )de 17 a 21 horas) dende o luns 5 de outubro ata o domingo 1 de novembro. Co obxectivo de obter fondos para a causa, a asociación estableceu un donativo de 1 euros como entrada á mostra que se integra dunha extensa exposición de bonecas. A entrada da dereito á participación no sorteo final no que se rifará unha das bonecas entre os asistentes.