_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SEGURIDADE CIDADÁ
A Policía Nacional reforza medios en Vilagarcía para a fin de semana da Festa da Auga e Tráfico realizará controis de alcohol e drogas

A Xunta Local de Seguridade do Concello de Vilagarcía celebrada hoxe na sede da Subdelegación do Goberno en Pontevedra para definir o dispositivo de seguridade durante as festas patronais de San Roque acordou reforzar a presenza dos corpos de seguridade estatais para garantir o normal desenvolvemento das celebracións máis multitudinarias. A Policía Nacional desprazará a Vilagarcía unidades doutras comisarías para o operativo da festa da Auga e a Garda Civil colaborará coa Policía Local na realización de controis de alcoholemia e drogas.
29.07.2015.- A reunión da Xunta Local de Seguridade estivo presidida polo Subdelegado do Goberno, Antonio Coello, e o Concello estivo representado polo concelleiro de Seguridade, Juan Antonio Pérez Callón. Por parte municipal asistiron ao encontro, o oficial ao mando da Policía Local e o xefe do servizo Municipal de Emerxencias, mentres que por parte do Corpo Nacional da Policía asistiron o Comisario Provincial e o Inspector Xefe de Vilagarcía.

O goberno de Vilagarcía solicitou á Subdelegación o reforzo de Policía Nacional e Autonómica para as dúas fins de semana das festas patronais. En principio, a Subdelegación comprometeu o envío de varias unidades do Corpo Nacional de Policía para a fin de semana que se prevé máis problemática, a do 15 e 16 de agosto, para garantir a seguridade durante a madrUgada previa á Festa da Auga e no transcurso desta multitudinaria celebración.
Dado que este ano recae en domingo, prevese unha afluencia aínda maior que nos últimos anos, polo que o Concello tamén solicitou a presenza da Policía Autonómica para colaborar nas labores. Como os responsables do Corpo autonómico non foron convocados pola Subdelegación á Xunta Local de Seguridade, o Concello xestionará a petición directamente ante a Xunta de Galicia.

O que sí se comprometeu a xestionar o subdelegado, posto que tampouco se convocou á representantes da Garda Civil, foi a solicitar medios para a realización de controis de alcohol e drogas aos condutores durante as fins de semana das festas, especialmente os do 14, 15 e 16 de agosto.

Pola súa banda, a Axencia Galega de Seguridade confirmou que Vilagarcía disporá un ano máis do Posto de Mando Avanzado para o operativo dev Seguridade do Combate Naval, estando pendente de coñecer a dispoñibilidade desta unidade móbil para a Festa da Auga, tal como solicitou o Concello.

Os operativos de seguridade específicos para a Festa da Auga e o Combate Naval acabaranse de pechar nas xuntanzas a celebrar nas vindeiras semanas a nivel local e nas que están representados todos os corpos de seguridade, emerxencias, protección civil, capitanía, e 112.

Por outro lado, e dado que a reunión de hoxe, tiña como único punto da orde día o operativo de seguridade das festas, Pérez Callón trasladoulle a Coello a petición do alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, de celebrar un encontro específico para abordar a problemática do escaso de plantel na Comisaría da Policía Nacional en Vilagarcía
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -