_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
Aberto Estévez asume a dirección da Escola Municipal de Música Bernardo del Río

.- O profesor José Alberto Estévez Rodríguez será o novo director da Escola Municipal de Música “Bernardo del Río”. O nomeamento foi aprobado esta mañá pola Xunta Local de Goberno como consecuencia da dimisión presentada por Jesús Nogueira, que dirixiu o centro de ensino municipal nos últimos anos tras a xubilación de Alfonso Galbán.
27.07.2015.- Alberto Estévez asume por primeira vez a dirección da Escola Bernardo del Río, un centro que coñece á perfección xa que é un dos docentes de maior antigüidade na plantilla do centro, no que ingresou en 1998. Titulado en Grao Medio de Guitarra e con ampla formación en música moderna e jazz, o profesor imparte a especialidade de guitarra desde o principio, ademais de encargarse dos grupos musicais, do combo moderno e do ensamble de guitarra creados no seo da Escola Municipal de Música.

Nestes 17 anos como docente, Alberto Estévez, participou de maneira activa en todos os proxectos desenvolvidos pola Escola tanto a nivel interno, a través da posta en marcha e dirección de agrupacións, como externo, na creación, montaxe e representación de musicais que o profesorado do centro foi interpretando polos diversos centros educativos do municipio.


Con 50 anos recén cumpridos, o director asume esta nova etapa ao fronte do centro Bernardo del Río con moita ilusión e gañas de seguir traballando na liña de potenciar o ensino musical que se imparte no centro e de abrir este á sociedade, tanto a través da súa participación activa na vida social da cidade e dos colexios do municipio, como en colaboración con centros musicais de concellos veciños.

O equipo directivo da Escola complétase co Xefe de Estudios, cargo que continuará recaendo en Víctor Costa. Pola súa banda, Xesús Nogueira seguirá exercendo como profesor no centro Bernardo del Río e seguirá levando a batuta da Banda de Música de Vilagarcía.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -