_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Ana Obregón, Mocedades, Treixadura e Nancho Novo desfilarán esta primavera polo Auditorio de Vilagarcía

Os espectáculos de primeira plana florecen esta primavera no Auditorio con comedias teatrais, danza, música popular e canción melódica. Polo escenario do Auditorio Municipal pasarán en maio e xuño artistas como Ana Obregón, Elisa Mantilla, Teté Delgado e Nancho Novo; grupos do prestixio de Mocedades e Treixadura e tamén haberá danza do máximo nivel a cargo do Centro Coreográfico Galego. O nivel da programación deseñada pola Concellería de Cultura non decaerá tras o impase do verán, posto que a apertura do outono no Auditorio correrá a cargo de Los Secretos.
24.04.2015.- Cantidade, variedade e calidade. Estas son as principais características da programación cultural que acollerá o Auditorio Municipal durante os meses de maio e xuño e que enriquecerase coas actividades dos grupos e colectivos locais.

O impresionante cartel que ten preparado a Concellería de Cultura ábrese o 15 de maio coa comedia teatral “Sofocos Plus”, na que os vilagarciáns poderán gozar dun entretido rato na compaña de artistas como Ana Obregón, Fabiola Toledo, Elisa Mantilla e Teté Delgado. Esta obra de teatro, que inclúe números musicais, ven avalada pola gran acollida de público que tivveron nos principais escenarios de España as representacións desta obra e da súa precursora “Sofocos”. Como na orimeira, a “versión punto 2” que chega a Vilagarcía aborda situacións moi cómicas das protagonistas que se atopan nesa etapa das súas vidas nas que, cos cambios hormonais, tamén lles chegan os sofocos.
A entrada véndese ao prezo único de 18 euros.

A danza clásica ten un espazo reservado neste espectacular cartel. Será o 16 de maio cando o Xoven Ballet de Galicia, do CDG, represente El Lago de los Cisnes, un espectáculo no que tamén actuarán bailaríns da Escola de Ballet Begoña Fontán.
O prezo das entradas será de 10, 8 e 7 euros, para as zonas A, B e C, respectivamente.

O domingo, 17 de maio, Día das Letras Galegas, a concellería de Cultura programou un concerto para conmemorar esta data. O Auditorio acollerá esta noite a actuación do emblemático grupo de música tradicional e popular Galega, Treixadura que, para a ocasión, interpretará os temas do seu último traballo discográfico titulado, “Vendima Tarda”. Con este disco, Treixadura celebra o seu 25 aniversario de traxectoria artística, polo que ás pezas inéditas que recolle, tamén se suman outros dos temas que levan anos compartindo co público. Trátase de cancións nas que a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo enlaza coa raíz musical da nosa cultura e co xeito de entender hoxe a música tradicional.
Haberá un único prezo de 6 euros para as entradas.

A música tamén terá un protagonismo especial o seguinte fin de semana cun dos pratos fortes da programación cultural de maio co concerto de Mocedades. A mítica agrupación vocal vasca actuará no Auditorio o 23 de maio no marco da xira coa que están celebrando o seu 45 aniversario. Durante hora e media, os irmáns máis pequenos da familia Uranga e os seus acompañantes repasarán a ampla traxectoria musical de Mocedades interpretando grandes éxitos por todos coñecidos como Eres Tu, Amor de hombre, Tómame o déjame, entre outras moitas.
As localidades para o concerto de Mocidades venderanse a 20 e 18 euros.

A oferta cultural do mes de xuño abrirase con moitas risas da man do actor e showman galego, Nancho Novo que traerá ao Auditorio a secuela do Cavernícola co que xa pasou hai uns anos por Vilagarcía. Baixo o título de Defendiendo al Cavernícola, Novo presenta un espectáculo de humor e crítica cunha posta en escena moi rica e coidada. Non se trata dun monólogo ao uso, senón dunha obra de teatro de complexa montaxe visual e escenográfica interpretada por un único actor.
Os billetes para a zona A custan 20 euros e para a B e C, 18.


A programación de primavera no Auditorio non se limitará a estes espectáculos de ámbito nacional. A programación enriquecerase cos espectáculos da casa, coas representacións e actos promovidos e interpretados por grupos, entidades e colectivos do municipio e da súa contorna, como é habitual.

Avance da temporada de outono

A actividade cultural desprazarase principalmente ás rúas e escenarios abertos durante os meses de verán, nos que ademais, a programación do Auditorio da o relevo aos programas de festas. Será no outono, cando o groso dos espectáculos regresen ás instalacións culturais da Avenida da Mariña e será tamén ao grande, co concerto de Los Secretos. A mítica banda creada polos irmáns Urquijo tocarán en Vilagarcía algúns dos seus temas que xa forman parte da na historia do pop español, como Déjame, Ojos de Gata, A tu lado, Sobre un vidrio mojado, Buena chica ou Agárrate a mi María, entre outros moitos.
As entradas poderanse adquirir aos prezos de 25, 20 e 18 euros.

Venta anticipada en marcha

A venta anticipada das entradas para todos estes espectáculos realizarase a través da web http://www.servinova.com e da billeteira telefónica 902 504 500. En todos os casos (salvo no ballet do Centro Coreográfico Galego), a xestión leva engadida unha comisión.

Algúns dos espectáculos xa abriron á venta anticipada e outros farano nos seguintes días e semanas, a efectos de que os interesados poidan adquirilas con antelación suficiente. As estradas que non se vendan de xeito anticipado, poranse a disposición do público o día de cada función no Auditorio dende dúas horas antes do inicio do espectáculo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -