_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
A Sala Rivas Briones acolle unnha exposición sobre arqueoloxía galega en diversos lugares do mundo

Ata o 29 de maio os vilagarciáns poderán viaxar, a través de 60 fotografías e paneis, por diversos países de Asia, África e América coñecendo os proxectos de arqueoloxía que está a desenvolver neses lugares o Instituto de Ciencias del Patrimonio (Incipit), con sede en Santiago de Compostela e dependente do Consello Superior de Investigacións Científicas. O alcalde, Tomás Fole, e a deputada provincial Ana Isabel Vázquez coñeceron de preto a exposición da man do director do Incipit, Felipe Criado.
23.04.2015. As fotografías e paneis que conforman “Diversa. Arqueoloxía dende o Incipit alén de Europa” corresponden a seis proxectos de investigación en nove países distintos: Mongolia, Chile, Uruguay, Guinea Ecuatorial, Costa Rica, Perú, Jordania, Etiopía y Turquía.

Segundo explicou Felipe Criado, a mostra trata de provocar ao espectador para comperlle os seus esquemas espazo-temporais, de xeito que non hai referencia a tantos anos antes ou despois de Cristo ni os mapas teñen como centro de atención Europa. A idade se sinala partindo da actualidade e cara atrás e a imaxe da terra se sitúa cenitalmente sobre o lugar investigado. Deste xeito o espectador pode comprender mellor que non todas as civilizacións contan o tempo da mesma maneira nin teñen o mesmo concepto xeográfico.

Tanto Felipe Criado coma Isabel Vázquez destacaron as magníficas condicións da sala de exposicións Rivas Briones e agradeceron a colaboración do Concello para levala adiante. Pola súa banda, o alcalde subliñou que con esta mostra Vilagarcía é máis cidade. Tamén destacou a necesidade de que o público se conciencie na defensa do patrimonio, sexa histórico, como o Castro Alobre, ou natural, como a Illa de Cortegada.

O Incipit, creado polo CSIC en xaneiro de 2010, realiza investigacións interdisciplinares en patrimonio cultural tanto en España como noutros países, onde presta especial atención a temáticas relacionadas coa diversidade cultural. A exposición inclúe, ademais, temas de astronomía cultural e arqueoastronomía, e fai referencia á participación de comunidades locais e do público na construción do patrimonio.

A exposición, de carácter itinerante, mostrouse desde decembro de 2014 en Pontevedra, Cambados e Lalín. Vilagarcía será a súa última parada en Galicia. Permanecerá aberta ata o 29 de maio na Sala Rivas Briones con horario de visitas de luns a venres de 10.30 a 13.30 e de 18.00 a 21.00 horas; os sábados, de 11.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas; e os domingos, de 11.00 a 14.00 horas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -