_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
Cociña divertida, ioga, inglés, zumba e cálculo con ábaco son algunhas das actividades dos Campamentos de Verán 2015

A Concellería de Xuventude organiza unha nova edición dos Campamentos de Verán no marco das súas propostas socio educativas e de conciliación. O programa deste ano inclúe importantes novidades para satisfacer os gustos dos cativos e tamén proporcionarlles coñecementos e experiencias que fomenten o seu desenvolvemento físico e educativo. Os campamentos celebraranse do 1 de xullo ao 31 de agosto e contarán con 100 prazas. Están destinados a nenos e nenas de 3 a 7 anos.
23.04.2015.- Os Campamentos de Verán son unha actividade estable no calendario da Concellería de Xuventude dende hai moito tempo. Trátase dun programa demandado pola sociedade das familias como unha alternativa que lles ofrece o Concello para poder conciliar as vacacións escolares dos nenos coas obrigas laborais dos pais.

No mercado ofrécense outro tipo de propostas tamén que teñen como obxectivo buscar esta conciliación, pero a Concellería de Xuventude pretende ofertar un servizo de calidade, con especial facilidade de acceso para as familias con menos ingresos, e que, ademais, non se limite a ser unha simple ludoteca onde deixar aos nenos atendidos.

Moito máis que unha ludoteca
Dende Xuventude considérase esencial que esa alternativa de conciliación inclúa unha dimensión socio educativa, adaptada ás idades e gustos dos nenos aos que vai dirixida, que garanta que os cativos o pasen ben, pero tamén asegurándose de que lle sacan proveito a ese tempo que pasan nos campamentos.
Para iso, cada ano trátase de ampliar o programa de actividades a desenvolver cos nenos, de adaptalo e de incluír nun contexto lúdico contidos que incidan positivamente no desenvolvemento social, educativo e cognitivo dos rapaces. E trátase de innovar cada ano, introducindo, por exemplo nesta ocasión, actividades para a aprendizaxe de inglés, obradoiros de cociña divertida, exercizos de relaxación, club de lectura, zumba e ioga infantil.
Unha das actividades que salientou a concelleira, Sandra García, é o aller de Aloha, baseado na técnica de cálculo con ábaco, para fomentar o desenvolvemento mental dos máis pequenos a través da aritmética e dunha forma lúdica. Tamén haberá actividades como ioga e zumba infantil, club de lectura e actividades musicais entre outras.

A programación organizarase por quincenas, traballándose cada unha delas ao redor dunha temática en concreto: O verán, a maxia, os contos e a volta ao cole. E organizaranse alternativas para os días de choiva cunha programación especial. Como colofón ao Campamento organizarase unha gran festa infantil con contacontos, xogos e inchables.

Cota e prazo de inscrición

Os Campamentos de Verán de Xuventude teñen como destinatarios a nenos e nenas nados entre os anos 2008 e 2011 (incluídos). As 100 prazas dispoñibles repartiranse a partes iguais en dúas sedes: Fexdega e o CEIP O Piñeiriño. As actividades dos campamentos impartiranse de luns a venres de 9 da mañá a dúas da tarde.
A actividade ten unha duración de dous meses (do 1 de xullo ao 31 de agosto), aínda que as familias terán a oportunidade de adaptar o período do servizo ás súas propias necesidades, pudendo elixir a temporada completa, só 1 mes, ou tamén por quincenas, segundo lles conveña. O prezo dependerá do período: 100 euros polos dous meses, 60 euros por un mes e 30 euros por quincena.

A Concellería tamén establece bonificacións dun 50% da cota en casos de segundo fillo participando na actividade e tamén para familias numerosas. Ademais, o 20% das prazas resérvase para necesidades dos Servizos Sociais Municipais

O prazo de inscrición vai do 28 de abril ao 9 de maio.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -