_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Guadi Galego presenta sábado no Salón García o seu novo disco 'Lúas de outubro e agosto'

A cantante Guadi Galego inicia esta semana, da man da distribuidora Culturactiva SCG, a súa xira de concertos para presentar o seu novo disco Lúas de Outubro e agosto (Fol Música, 2014) e unha das súas primeiras paradas será en Vilagarcía, onde o sábado, 7 de marzo actuará no Salón García ás 21.00 horas. Guadi é unha das artistas máis relevantes da escena musical de Galicia. Conta cunha traxectoria moi intensa na que destacan ter sido voz principal e gaiteira do grupo Berrogüetto e ter formado parte como intérprete e compositora dos proxectos Nordestinas, Espido e aCadaCanto.
03.03.2015.- Guadi Galego estará acompañada en Vilagarcía por unha banda integrada por músicos do nivel de Guillerme Fernández (guitarra) e Isaac Palacín (batería), antigos compañeiros de Guadi en Berrogüetto, ou Paco Charlín (baixo).

As entradas para o concerto poden adquirirse a través da billeteira virtual de Servinova ( http://www.servinova.com ou no teléfono 902 504 500) ou na billeteira do Salón García o propio día do concerto a partir das 19.00 horas. As entradas custan 5 euros (máis custes de xestión na venta anticipada).

Unha versión máis pop

A cantante, vocalista orixinal da mítica e xa desaparecida banda Berrogüetto, iniciou a súa carreira en solitario en 2009 co disco Benzón. A finais do ano pasado publicou Lúas de Outubro e Agosto, álbum que se converteu no gran éxito da música galega de 2014 ao vender máis de 3.000 copias en pouco máis de mes e medio dende o seu lanzamento. A cifra -xunto ao número de visionados do seu videoclip Matriarcas, que xa superou as 65.000 visitas na rede- demostra o interese que suscita o traballo musical da cantante que, nesta ocasión, preséntalle ao seu público unha versión máis pop de si mesma. Un pop que a propia Guadi define como “pop de autora un chisco sofisticado e con arrecendo a música popular”.

Lúas de Outubro e Agosto contén fermosas cancións cun nexo común, a natureza das composicións, a esencia do vivido e madurado, a emoción e a intensidade, a delicadeza e o risco. Todo un exercicio de inspiración para encontrar vías non exploradas e propoñer unha música chea de sinceridade que sen dúbida está a callar no público.

O disco gravouse en xuño de 2014 nos estudos Alis Records de Baeza coa produción musical a cargo de Pachi Alis, quen soubo entender a Guadi e acadar un resultado sofisticado e sorprendente. Conta coas colaboracións de Santi Cribeiro ao acordeón e Pablo Pascual tocando o clarinete. O disco presentouse nun orixinal digipack de edición limitada con faixa troquelada e libreto de 16 páxinas.

En Vilagarcía, Guadi Galego terá un dos primeiros contactos en directo co público, xa que será a segunda parada da súa xira de presentación. Até este mes de marzo, Guadi Galego só presentara os seus novos temas ao vivo no mes de decembro do pasado ano, momento en que presentou no Culturgal nun pequeno concerto o seu novo disco, converténdose nunha das citas máis destacadas da Feira Galega das Industrias Culturais. Agora, en Vilagarcía, terá a oportunidade de conectar co público nun espazo tan destacable como o Salón García.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -