_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Adxudicadas a Covsa as obras de acondicionamento da rede de saneamento en cinco puntos do municipio

A Xunta Local de Goberno adxudicou á empresa Construcciones, Obras e Servizos o proxecto de Acondicionamento da rede de saneamento municipal co que se tratará de resolver problemas en puntos conflitivos da rede nun has zonas e ampliar os servizos noutras. A adxudicación realizouse por importe de 123.297'82 euros e os trabalos afectarán a tres puntos do casco urbano e dous da periferia. Tres empresas concorreron ao concurso.
24.11.2014.- Poñer fin a puntos problemáticos no funcionamento da rede municipal de saneamento, incidir no correcto mantemento da mesma e continuar ampliando o servizo a novas zonas do Concello son os obxectivos da actuación que porá en marcha o Concello no último tramo do ano con este proxecto que se financia a través do Plan de Investimentos Municipais de 2014.

No ámbito urbano actuarase na Avenida Xoan Carlos I, na Avenida López Ballesteros e no cruce de Rosalía de Castro 65; mentres que as zonas da periferia incluídas no proxecto son a Rúa Figueira e Rúa do Adro.

As obras previstas no tramo comprendido entre os número 1 e 15 de Xoán Carlos I consistirán na substitución da condución da rede de saneamento e acometidas ás fincas lindantes. Unha actuación similar levarase a cabo entre os números 16 e 30 de López Ballesteros, onde tamén se realizará a conexión coa rede existente. Por último, la avenida Rosalía de Castro actuarse nun punto concreto no que se detectou o precario estado da rede. Os traballo aquí concentraranse no cruce á altura do número 65 onde se substituirán as canalizacións actuais por outras novas.

As obras nas zonas da periferia centraranse na ampliación da rede de saneamento e pluviais mediante a instalación de novos tramos. Na Rúa Figueira colocarase un novo traxecto de nova rede de recollida de pluviais e que se conectará á existente. E na Rúa do adro, ademais de instalar un novo tramo de recollida de pluviais, construiranse os sistemas de descarga a leito fluvial e colocarase nova rede de saneamento con acometidas a fincas e enganche coa rede actual.

Reposición de firme e substitución do abastecemento de auga

O proxecto inclúe un tratamento especial para as obras a desenvolver en tramos de vías que soportan un importante fluxo circulatorio, como no cruce de Rosalía de Castro e en Xoán Carlos I onde, unha vez rematada a obra do saneamento, prevese o fresado da capa de rodadura do firme en toda a sección transversal da vía e o asfaltado do mesmo. Tamén se reporá toda a sinalización horizontal.

Aproveitando as obras en Xoán Carlos I, a empresa concesionaria do abastecemento da auga tamén renovará a súa rede nese mesmo tramo.

O proxecto ten un prazo de execución de 3 meses e, unha vez recepcionada a obra por parte do Concello, abrirase un prazo de garantía de 12 meses durante os cales, calquera deficiencia ou avaría debe ser arranxada e asumido o seu custe por parte da adxudicataria.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -