_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Comeza a reforma da Praza de España coas medicións topográficas

A esperada obra de reforma da Praza de España botou a andar hoxe co inicio das medicións topográficas. A concelleira de Obras, Ana Granja, informou que as obras centraranse nestas primeiras semanas nos xardíns, polo que os viais de redor da Praza non se verán afectados ata mediados de xaneiro co obxecto de non interferir no tráfico durante a campaña de Nadal, como xa se lle informou á asociación Zona Aberta. O proxecto deseñado pola Oficina Municipal de Rehabilitación prevé, ademais do acondicionamento da zona axardinada e a recuperación da fonte central, a humanización de parte das rúas que a rodean.
21. 11. 2014- O Concello destina 224.709,99 euros do Plan Municipal de Investimentos de 2104 á realización desta obra que foi adxudicada á firma Stradia Infraestruturas S.L. A actuación permitirá recuperar un espazo que se atopa bastante degradado pese a tratarse dunha zonas máis emblemáticas do Concello.

O proxecto pretende recuperar este espazo, mellorar a súa estética e funcionalidade, dando protagonismo aos seus elementos máis emblemáticos: a fonte decimonónica e a arboreda. A reforma proxectada está acorde coa contorna monumental na que se empraza e tamén coas actuacións de humanización e peonalización levadas a cabos nas rúas que desembocan nela.

As obras baseanse en dous piares fundamentais:
- A reforma e acondicionamento dos xardíns, a restauración da fonte central e reurbanización
- A peonalización dos viais que bordean a praza: o vial que conecta Edelmiro trillo con Covadonga, e a continuación da rúa Covadonga ata o encontro con Vicente Risco.

Con esta actuación preténdese dinamizar e recuperar esta emblemática Praza como espazo atractivo para o esparexemento e paseo da cidadanía, tendo en conta o privilexiado espazo que ocupa: no centro da cidade, fronte Igrexa de Santa Baia de Arealonga, e nas inmediacións do conxunto histórico e monumental de Vista Alegre co que se conecta a través da Rúa Arcebispo Andrade.

A humanización e peonalización das rúas adxacentes proponse como continuidade peonalización das rúas Covadonga, Arcebispo Andrade, Praza de Galicia e Rúa Castelao levadas a cabo hai uns anos, e tendo en conta que, dende hai anos, a Praza de España, funciona exclusivamente a modo de glorieta para o tráfico rodado.

Tendo en conta a Paisaxe histórica na que se empraza a Praza de España, o proxecto propón a conservación e restauración da Fonte Decimonónica como fito simbólico sobre o seguirá gravitando o espazo público. A xeometría do xardín respéctase cos seus eixos axiais para vertebrar o espazo mantendo as conexións que ofrecen os catro brazos da cruz que forman os camiños.

Bóvedas e cúpula coas ramas das árbores

Para abrir perspectivas e aportar maior luz a un espazo que agora vese moi sombrío, eliminaranse as especies vexetais ornamentais plantadas nos parterres, que quedan como pradeiras. Así reálzase a arboreda orixinal para o cal o proxecto inclúe una actuación de saneo e rexeneración, e unha poda coidada e dirixida respectando a xeometría da praza, de forma que se creen bóvedas sobre as sendas e unha cúpula sobre a fonte.

No que á zona verde se refire, mellorarase a xeometría e a estética regularizando os parterres e ensanchando un pouco a zona axardinada a efectos de integrala coa contorna.

Peonalización coa combinación de granito de calidade

A peonalización proxectada basease no coidado ao detalle e na calidade dos pavimentos a utilizar, que serán de lousas ensambladas de xeito que se adapten á perfección á xeometría do espazo e do xardín central. O material elixido será o granito con diferentes acabados, segundo as zonas, pero que terán un groso e calidade suficiente para garantir a súa conservación a longo prazo posto que. Aínda que serán de uso peoníl, permitirase o acceso de vehículos para carga e descarga.

Ademais, incidirase na supervisión, reparación e complementación das redes de evacuación de pluviais.

En canto ao mobiliario urbano, conservaranse os bancos de pedra e forxa, que serán restaurados e colocaranse outros novos de madeira de pino de alta resistencia e pés de aceito cortén.

Iluminación en xardíns e fonte

Instalaranse un tipo de balizan nos límites do xardín; outras de baixa temperatura irán integradas nos setos, e no interior da pila da fonte instalaranse focos subacuáticos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -