_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A sinalización da zoa de carga e descarga da Praza de Abastos complementarase con información para os clientes

Coa maior brevidade posible o Concello complementará a sinalización sobre a prohibición de aparcar nas zoas peonís do contorno da Praza de Abastos instalando paneis informativos sobre as zonas, normas e horarios de uso das zonas reservadas para carga e descarga que poderán utilizar vendedores e clientes do mercado público no tramo acordado da rúa García de Caamaño. A decisión adoptouse nunha reunión mantida hoxe no Concello e na que participaron o alcalde, Tomás Fole, a concelleira de Mercados, Rocío Llovo, o edil de Tráfico, Benito Pérez Dorgambide, mandos da Policía Local e responsable da Praza. Ao remate do encontro, o responsable da Praza comunicou aos concesionarios da sala de abastos a decisión.
20.11.2014.- Coa maior brevidade posible o Concello complementará a sinalización sobre a prohibición de aparcar nas zoas peonís do contorno da Praza de Abastos instalando paneis informativos sobre as zonas, normas e horarios de uso das zonas reservadas para carga e descarga que poderán utilizar vendedores e clientes do mercado público no tramo acordado da rúa García de Caamaño. A decisión adoptouse nunha reunión mantida hoxe no Concello e na que participaron o alcalde, Tomás Fole, a concelleira de Mercados, Rocío Llovo, o edil de Tráfico, Benito Pérez Dorgambide, mandos da Policía Local e responsable da Praza. Ao remate do encontro, o responsable da Praza comunicou aos concesionarios da sala de abastos a decisión.

Segundo o acordo, e co obxecto de cumprir coa Ordenanza de Circulación, manterase a sinalización de prohibido circular e estacionar na rúa García de Camaño xa que se trata dunha zoa peoníl. Non obstante, e para satisfacer a petición dos praceiros, a sinalética sobre o uso e normas das zonas reservadas para carga e descarga ampliarase a efectos de que tanto vendedores como clientes da praza teñan pleno coñecemento das zonas que poderán utilizar como estacionamento excepcional e os horarios das mesmas. Para elo, xusto debaixo das sinais de prohibido circular e estacionar, colocaranse uns paneis coas seguintes frases:
“Agás para carga e descarga, de luns a sábado de 06 a 10 horas, e por máximo de 20 minutos”
“Agás para clientes da praza de abastos: luns, mércores, xoves e venres de 10 a 14 horas. Máximo 1 hora”

Debido a que determinados vehículos circularán pola rúa peonil sempre respectando as normas indicadas, o Concello creará un paso de protección reservado para peóns, de xeito que poidan acceder á sala de abastos a pé ou transitar pola zona sen riscos de ser alcanzados por algún vehículo. O paso sinalizarase ben mediante pivotes ou maceteiros.

O tramo da Rúa García de Caamaño no que se permitirán estas excepción vai dende o enlace con Valle Inclán ata o cruce coa prolongación de Arcebispo Lago, é dicir, ata o final do edificio da Praza. O control do cumprimento das normas e horarios indicados correrá por parte da Policía Local dentro das súas funcións periódicas de vixilancia que xa levan a cabo na zona azul da contorna da sala de Abastos. Os incumprimentos das mesmas será denunciados e sancionados conforme á ordenanza de circulación.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -