_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
O Concello asiste xuridicamente a redacción do convenio para a cesión de uso da capela do Asilo a Cruz Vermella

O Concello de Vilagarcía presta a súa asistencia xurídica á Residencia Divina Pastora e a Cruz Vermella a efectos de conxugar os intereses de ámbalas dúas entidades sociais para poder ampliar os servizos que a última presta en Vilagarcía. Nunha reunión a tres bandas celebrada onte, acordouse que o Concello elaborará o borrador do convenio mediante o cal se establecerá a cesión de uso da capela do Asilo a Cruz Vermella para que esta poña en marcha nela un centro social.
23.10.2014.- Na xuntanza de onte participaron en representación da Fundación asilo Hospitalillo Divina Pastora, o seu presidente, o alcalde Tomás Fole e a xerente, Celina Rey; por parte de Cruz Vermella Vilagarcía, o seu presidente Alfonso González; e como mediadora en nome do Concello a Concelleira de Traballo e Benestar, Elena Suárez, que contou tamén coa asistencia da Secretaria do Concello como asesora xurídica.

No encontro quedou patente a total dispoñibilidade de ámbalas dúas entidades sociais a colaborar para a posta en marcha do novo proxecto de Cruz Vermella, dado que redundará en beneficios das persoas e colectivos máis vulnerables, postura compartida polo Concello.

O colectivo que preside Alfonso González solicitou ao Padroado do Asilo o uso da antiga capela, actualmente en desuso, para habilitar nese espazo unha sede social para ofrecer servizos complementarios aos que prestan Cruz Vermella e Cáritas nas dependencias anexas, tales como centro de día, actividades formativas e demais.

Os representantes do Asilo ven con bos ollos a idea e amosáronse totalmente dispostos a colaborar. Para isto, as entidades deberán firmar un convenio que conxugue as necesidades e intereses de ámbalas dúas, de xeito que permita a execución do proxecto social sen causar prexuízos futuros a ningunha das partes. O Asilo está disposto a ceder o uso do local da antiga capela, sempre que iso non lles imposibilite recorrer a elas no futuro en caso de que xurdan novas necesidades espaciais ou materiais que teñan que atender e non se dispoña doutros medios.

Investimento de 200.000 euros e necesidades futuras

Pola súa banda, Cruz Vermella, pretende que se lle garanta un prazo mínimo de uso da capela co obxecto de rendibilizar o investimento que teñen previsto levar a cabo para acometer o proxecto e que ascende a 200.000 euros entre reformas e acondicionamento e posta en marcha.

O Concello será o encargado de redactar o borrador do convenio atendendo a estas dúas posturas. Unha vez elaborado o documento, pasaráselle ás partes para que o estuden no seo das súas organizacións e convocarase un segundo encontro a tres bandas para dar por válido o texto ou propoñer as suxestións que as entidades consideren oportunas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -