_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
A Biblioteca pon en marcha un club de lectura para quince persoas

A Biblioteca Pública Rosalía de Castro vén de poñer en marcha un club de lectura. Baixo a coordinación do profesor Augusto Guedes, quince persoas terán dúas semanas para ler un libro, ao tempo que participan nunha serie de charlas e postas en común do que están lendo e como resolverían eles determinadas situacións da obra. A inscrición está aberta na propia biblioteca.
21.10.2014. A creación deste Club de Lectura, un vello proxecto da Biblioteca, é posible grazas á implicación da concellería de Cultura, que dirixe Rocío Llovo, e a participación da Biblioteca de Galicia, que prestará os quince exemplares de cada un dos libros que se repartirán cada quince días entre os participantes na experiencia.

Unha proposta que, pola súa novidade e pola necesidade que os grupos sexan activos e participativos, se limita en principio a un só grupo de quince persoas. Serán seleccionadas por orde de inscrición, pero no caso de que exista máis demanda se creará unha lista de espera de xeito que se poida substituír case de inmediato a quen renuncie, polas causas que sexan, a seguir na experiencia.

A dinámica do club, segundo explicaron Mercedes Castro, directora da Biblioteca, e Augusto Guedes, coordinador da experiencia, é moi sinxela: cada inscrito recibirá un libro, dispoñendo de 15 días para a súa lectura. Cada semana o club se reunirá nunha sala do auditorio para comentar a marcha desa lectura, as situacións que se dan na obra e as alternativas para o desenvolvemento da trama. Trátase dunha posta en común da que sairá un contraste de pareceres e de distintas visións dunha mesma obra.

O primeiro texto ao que se enfrontarán os lectores será o de Paul Auster “Brookling follies”. A intención de Augusto Guedes é que para a primavera se puidera crear tamén un taller literario.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -