_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
Última semana para solicitar as axudas municipais para a compra de material escolar de Infantil

A Concellería de Educación avisa de que o prazo para solicitar as axudas municipais para a compra de material escolar en Educación Infantil remata o vindeiro martes, 30 de setembro. As axudas a percibir por cada alumno no poderán superar o máximo dos 50 euros, ofrendo este ano o Concello a novidade de que as familias con menores recursos poderán solicitar o pago por adiantado.
23.09.2014.- Os interesados en solicitar as axudas deben cubrir o formulario que poden obter nos departamentos de Educación ou Servizos Sociais do Concello, así como no servizos de Información Municipal ou a través de internet, imprimindo o documento pendurado no taboleiro de anuncios desta web, onde tamén se poden consultar as bases que rexen a convocatoria.

O Concello creou hai uns anos esta axudas para cubrir o baleiro existente no Ensino Infantil (de 0 a 6 anos), para o cal non se concedían subvencións a través de ningunha outra administración, como si ocorre coas demais etapas da Educación Obrigatoria. As axudas municipais están dirixidas ao primeiro e segundo ciclo de Infantil de alumnado residente no municipio e matriculado en centros de Vilagarcía sostidos con fondos públicos, así como en escolas infantís autorizadas.

Poderán beneficiarse do pago por adiantado, as unidades familiares con renda per cápita inferior ao 80 % dos límites establecidos nas bases da convocatoria. O anticipo concederase exclusivamente aos solicitantes que cumpran este requisito económico, aínda que tamén poderán beneficiarse das axudas as familias que, aínda superando este límite económico, entre nos restantes baremos que figuran na convocatoria. Neste caso, a subvención concederase una vez teñan adquirido o material.

O Concello incrementou este ano con 1.000 euros a partida para axudas á compra de material escolar na Educación Infantil, polo que a suma total a repartir para o curso 2014/15 ascende a 8.000 euros, dos que 4.500 finánciaos Concellería de Educación e os 3.500 restantes a de Traballo e Benestar.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -