_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A concelleira de Obras acorda cos veciños de Vilaxoán as próximas actuacións a realizar na localidade

A concelleira de Obras, Vías e Infraestruturas, Ana Granja, desprazouse onte a Vilaxoán para acordar cos representantes da asociación de veciños as próximas actuacións a levar a cabo polo Concello na localidade. O encontro enmárcase nas reunións periódicas que o goberno local mantén cos diferentes colectivos do municipios para escoitar as súas necesidades e planificar as posibles actuacións realizar para darlle solución.
26.08.2014.- Tras a visita realizada onte a diferentes zonas de Vilaxoán xunto co presidente da asociación de veciños, Antonio Casás, e Teo Cardalda, a concelleira comprometeuse a realizar varias melloras. A primeira, de carácter preventivo serán as tarefas de limpeza de tragantes e canalizacións da rede de pluviais na zona do Freixo que s elevarán a cabo coa maior brevidade co obxectivo de evitar ou aminorar as características acumulacións de auga que se producen nesta zona cando chove con intensidade. Tamén se acometerá a limpeza de cunetas.

O Concello tamén actuará no centro socio cultural e deportivo do Preguntoiro onde procederá ao pintado do salón de actos. Os veciños tamén solicitaron que se ampliase a beirarrúa lateral inacabada co obxecto de prolongala ata a saída de emerxencia do centro. Neste punto, a concelleira comentou que ordenará que un técnico de Urbanismo visite a zona para comprobar si a actuación é viable segundo os lindes establecidos, e dado que o centro se atopa en solo de Portos de Galicia.

A última petición atendida pola concelleira de obras foi a relativa á realización de melloras na Fonte da Praza de Rafael. O conxunto, moi similar ao que se vén de acondicionar en O Castro. A fonte de Vilaxoán non se atopa en tan mal estado, e aínda que as actuacións solicitadas pola asociación limitábanse á limpeza da pedra e substitución dos canos, como se trata de un ben patrimonial catalogado, a concelleira anunciou que ordenara á Oficina da Área de Rehabilitación Integral avaliar o estado da fonte e realizar un proxecto de actuación que se presentará previamente á asociación e someterá á supervisión de Patrimonio da Xunta.

Por último, Ana Granja tamén se comprometeu cos veciños de Vilaxoán a trasladar ao presidente de Portos de Galicia as melloras planteadas na zona da praia da Preguntoiro, tales como a instalación dunha varanda nas escaleiras que dan acceso ao areal e a construción de sumideiros na zona de aparcamentos que tamén se atopa en terreos competencia do organismo autonómico.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -