_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
O Concello require a 12 bares a retirada dos paraventos colocados nas terrazas sen arreglo a licenza

O Concello require a 12 bares da cidade a retirada dos paraventos e lonas laterais colocados nas terrazas sen arreglo a licenza. Esta é a primeira das resolucións da Alcaldía que emanan da circular remitida o 25 de febreiro a máis dun centenar de hostaleiros para instalos a presentar os proxectos e solicitudes de licenza para a instalacións de terrazas e toldos no dominio público. Os 12 locais notificados hoxe disporán de prazo ata as 14:00 horas de mañá, mércores, 16 de abril, para acatar a orde da Alcaldía namentres non continúa o procedemento administrativo de obtención dos permisos.
15. 04. 2014.- Os requirimentos que comezaron a notificarse hoxe mesmo responden a instalacións colocadas nuns casos sen contar coa preceptiva licencia e noutros por exceder as condicións autorizadas. Ademais de ordenar a inmediata retirada de paraventos e lonas laterais, o Concello require aos propietarios que conten con permiso para a instalación de toldo que axusten o mesmo aos parámetros estritamente autorizados tanto en extensión como en número de elementos.

A resolución da Alcaldía advirte aos afectados que en caso de non acatar o mandato no prazo fixado, procederase á execución forzosa da mesma mediante a imposición de multas coercitivas na suma que prevé a lei.

De acordo coa Lei de Emprendedores, a ocupación de solo público está suxeita á concesión previa do permiso municipal. Esta ocupación é extensible ademais ao voo e ao subsolo, segundo recolle expresamente a Lei do Solo, e calquera instalación nestes espazos debe rexerse pola normativa municipal. Por outro lado, a instalación de paraventos, lonas laterais, toldos e demais elementos sen contar con licenza ou excedendo o permitido, supón un acto de clara competencia desleal en detrimento dos hostaleiros que si cumpren as normas.

Independentemente da resolución ditada hoxe -que podería ter continuidade en función das inspeccións realizadas e o estudio da documentación existente- o Concello continuará co procedemento administrativo, estudando os proxectos presentados nos últimos meses polos hostaleiros e que serán convenientemente ditaminados conforme á normativa pola Comisión de Seguimento de Terrazas, da que forman parte o goberno local, os técnicos do Concello e a Asociación de Hostalería e Iniciativas Turísticas, Ahituvi.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -