_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
Premiados sete estudantes polos seus traballos sobre o Centenario da fusión de Vilaxoán, Vilagarcía e Carril

Sete estudantes de Primaria e Secundaria de Vilagarcía serán premiados pola Concellería de Educación polos traballos que realizaron no marco dos concursos convocados polo Concello para conmemorar o Centenario da fusión de Vilaxoán, Vilagarcía e Carril. O xurado presidido pola concelleira e do que formaron parte dúas representantes da comunidade educativa e dúas dos medios de comunicación, valoraron onte os 28 traballos presentados aos concursos de debuxo e redacción.
21. 02. 2014.- A temática xeral dos concursos era o Centenario da fusión dos tres municipios para a constitución do Concello de Vilagarcía de Arousa, e a intención dos mesmos era fomentar entre os escolares o coñecemento da historia local e promover unha reflexión sobre a repercusión que tivo e terá este feito transcendental para o noso pobo. Os alumnos tiñan que plasmar a súa visión sobre este concepto a través de debuxos, redaccións e audiovisuais, en función da súa idade e nivel educativo. Establecíanse un primeiro e segundo premio nas dúas categorías coas que contaba cada modalidade de concurso.

Foron 15 os traballos presentados ao certame de debuxo para alumnos dos dous primeiros ciclos de Primaria, todos eles correspondentes á categoría de 1º e 2º curso. Dado que non houbo participación na categoría de 3º e 4º curso, o os xurado decidiu conceder dous primeiros premios e dous segundos. As gañadoras foron Andrea Patiño Rey, do CEIP de Rubiáns polo debuxo con lema “Cen anos convivindo”, e Silvana Jiménez Jiménez, do mesmo centro; mentres que os segundos premios recaeron en Roi Fernández Rodríguez e Iván Pardal Temas, ambos alumnos do Anexo A Lomba.

O xurado tamén avaliou os 13 traballos presentados ao concurso de redacción que comprendía unha primeira categoría para alumnos de 5º e 6º curso de Primaria e unha segunda para os de 1º e 2º da ESO. O primeiro premio no primeiro grupo foi para Iñaki Fernández Manteca, do CEIP Arealonga, polo relato titulado “A historia que soñei”; e o segundo para Carla Buceta López, do CEIP de Rubiáns, por “Unha carta para Román”.
“A historia que soñei” é un relato narrativo de ficción ambientado na Vilagarcía da época actual e en Vilaxoán, Carril e Vilagarcía de fai cen anos. “Unha carta para Román” aborda o xénero epistolar a través do cal unha nena cóntalle por carta a un amigo como é a Vilagarcía para invitalo a visitar a cidade a través do relato das dúas tradicións, atractivos e historia.

Na categoría de ESO do certame de redacción, o primeiro premio foi para o traballo de investigación histórica realizado por Álvaro Barreiro Santiago, alumno do IES Fermín Bouza Brey. O xurado decidiu deixar deserto o segundo premio nesta categoría debido a que os traballos presentados non se axustaban ás bases. Así a todo, o tribunal acordou conceder unha mención especial a Sara Doval Martínez, “pola súa orixinalidade e coidada presentación, pero que non se atiña ao regulamento da convocatoria”.

Á modalidade do concurso do Centenario era a de Audiovisuais para alumnos de segundo ciclo da ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos non se presentou ningún traballo.

Cada un dos alumnos galardoados cos primeiros premios recibirán como agasallo unha tablet doada pola firma Carrefour, mentres que os segundos premios levarán un lote de libros aportados pola Concellería de Educación. A entrega dos premios realizarase nun acto público con data por concretar.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -