_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
“O Crebanoces” de Hoffmann regresa por Nadal para darse a coñecer ao público infantil a través de monicreques

O conto navideño de Hoffmann, “O Crebanoces” regresa por estas datas a Vilagarcía cunha representación adaptada ao público infantil. A actriz Larraitz Urruzola e varios monicreques escenificarán a popular historia do Crebanoces o vindeiro sábado, 14 de decembro, cunha sesión que se celebrará a partir das 12 dop mediodía na sala de conferencias do Auditorio. A música composta por Tchaikovsky para este conto tamén soará na representación cuxa entrada será libre e de balde ata completar aforo.
09. 12. 2013.- “O Crebanoces” é un espectáculo para títeres inspirado no conto de Hoffmann e dirixido a público familiar e que chega a Vilagarcía a través da programación da Rede de Dinamización Lingüçística. No espectáculo emprégase a música que creou Tchaikowsky e está deseñado para poder ser interpretada por bandas de música popular.

Esta versión do conto de Hoffmann Está dirixida a público familiar, de maneira que o goce será maior na medida en que acudan os nenos e nenas cos seus pais, nais,... No espectáculo soa completa a suite do Crebanoces de Tchaikowsky. Durante a execución da música hai pantomimas dos bonecos, e entre unha e outra parte musical hai escenas con partes faladas dos bonecos e narración cara o público.

Sinopse

Na noite de Nadal o padriño regálalle á pequena Clara un crebanoces con forma de boneco. De tanto partir noces, o boneco acaba rompendo, e Clara desgústase moito. Para consolala o padriño contaralle a historia do boneco Crebanoces, xa que o Crebanoces na realidade é un valente personaxe que loitou co seu exército de xoguetes contra a raíña dos ratos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -