_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
“Os Axóuxeres” regresan ao Auditorio cun espectáculo para nenos de ata 6 anos a cargo de Caramuxo Teatro

“Os Axóuxeres” regresa en decembro a Vilagarcía para divertir e introducir na lingua galega aos máis pequenos da casa co espectáculo “A festa da música, dos xogos e das palabras” que porá en escena a compañía Teatro do Caramuxo. A actuación será o domingo, 1 de decembro na sala de conferencias do Auditorio e a entrada é libre e de balde previa inscrición chamando ao teléfono 610 641 570 de luns a venres e en horario de 10 a 14 horas.
22. 11. 2013.- Os Axóuxeres é un programa promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística que pon en marcha a través da Rede de Dinamización Lingüística da que forma parte o Concello de Vilagarcía. Trátase dun programa lúdico educativo que pretende fomentar o uso do galego na vida cotiá dende a máis tenra infancia. Por iso os seus espectáculos están pensado para nenos pequenos e as súas familias.

Caramuxo teatro presenta para o programa “os Axóuxeres” un espectáculo para nenos e nenas de ata 6 anos de idade e para as súas familias. Durante 35 minutos cóntanse historias adaptadas aos máis pequenos, mesturadas con apoio musical e con cancións especificamente creadas para a montaxe que implican directamente a participación das familias.
O espectáculo ten unha duración de 35 minutos e preséntase como un espazo onde gozar xuntos e abrirse ao descubrimento do mundo en galego

“A Festa da música, dos xogos e das palabras” fala das casas, das aldeas, das cidades. De como as cosas cambian, medran, evolucionan, en con elas a forma de relacionarse as persoas tamén mudan. Partindo dunha casa de madeira construída nunha aldea que logo converteuse en cidade, os seus habitantes contan como antes non tiñan veciños e agora contan cunha recua deles, todos diferentes, todos interesantes e dos que todos se aprenden.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -