_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
Ábrese o prazo de solicitude de axudas municipais para a compra de material escolar de Educación Infantil

13. 09. 2013.- O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a convocatoria das axudas para a compra de material escolar convocadas polo Concello para os niveis de Educación Infantil, polo que as axudan poderán comezar a solicitarse mañá e ata o día 30 de setembro. Repartiranse 7.000 euros.
As axudas municipais están dirixidas ao primeiro e segundo ciclo de Infantil de alumnado residente no municipio e matriculado en centros de Vilagarcía sostidos con fondos públicos, así como en escolas infantís autorizadas. O Concello creou esta liña de axudas para cubrir o baleiro existente no Ensino Infantil (de 0 a 6 anos), para o cal non se concedían subvencións a través de ningunha outra administración, como ocorre coas demais etapas da Educación Obrigatoria.

A partida disposta este ano polo Concello para financiar estas axudas ascende a 7.000 euros, dos que 3.000 as aporta o departamento de Servizos Sociais e 4.000 a Concellería de Educación. As subvencións serán dun máximo de 50 euros por alumnos e concederanse en función da situación socio económico da unidade familiar co obxectivo de que cheguen a quen máis as precisa.

As familias interesadas en solicitar estas axudas deben cubrir o formulario que poden obter nos departamentos de Educación ou Servizos Sociais do Concello, así como no servizos de Información Municipal ou a través de internet, imprimindo o documento pendurado no taboleiro de anuncios desta web, onde tamén se poden consultar as bases que rexen a convocatoria. As bases e formularios tamén foron remitidos aos colexios.

Unha vez cubertos os impresos, estes deberán presentarse dentro do prazo establecido e xunto coa documentación indicada nas bases no rexistro xeral do Concello de luns a venres en horario de 9 a 14 horas e o sábado de 9 a 13 horas. O prazo remata o ,luns, 30 de setembro.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -