_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O ciclo “Voces para un Centenario” leva a música de nove corais do municipio a unha ducia de parroquias

A música coral e as corais do municipio terán un peso importante na programación cultural de outono grazas ao ciclo “Voces para un Centenario” organizado pola Concellería de Cultura no marco das celebración da unión dos municipios de Vilaxoán, Vilagarcía e Carril. Serán 9 as corais do municipio que participen neste ciclo que consistirá na celebración de concertos en igrexas de doce parroquias.
12. 09. 2013.- A concelleira de Cultura, Rocío Llovo, explicou que a idea de celebrar este ciclo xurde despois da excelente acollida de público que tivo a experiencia inicial celebrada no mes de marzo na que corais de Vilagarcía, Vilaxoán e Carril celebraron concertos conmemorativos do Centenario. E por outro lado, con este segundo ciclo, moito máis amplo tanto en participación de grupos como de número de actuacións, preténdese que a celebración do Centenario chegue a todas as parroquias que conformaban hai tres anos os tres concellos fusionados e que hoxe integran Vilagarcía de Arousa.

A concelleira comentou que a idea é que cada parroquia acolla a actuación dunha coral que non sexa a súa, de xeito que os veciños poidan coñecer ás demais formacións do municipio ou que teñen menos oportunidades de escoitar.

O ciclo “Voces para un Centenario” ofrecerá concertos nas igrexas todos os domingos dende o 15 de setembro ata o 1 de decembro. Os horarios varían en función da actividade de cada parroquia e os programas elaboráronse de acordo cos repertorios de cada coral e os párrocos.

CALENDARIO

O ciclo comezará este domingo, 15 de setembro, ás sete e media da tarde coa actuación da Coral Santa Eulalia de Arealonga na igrexa parroquial de Santiago de Carril. O día 22 a Coral Amencer actuará na igrexa de San Pedro de Fontecarmoa e o 29 a Coral de Cornazo protagonizará o concerto no templo de san Fiz de Solobeira.

As actuacións previstas para o mes de outubro serán as do día 6 na parroquia Divino Salvador de Sobradelo coa intervención da Coral Cortegada; mentres que a Coral de Sobradelo,ofrecerá o concerto do día 13 dese mesmo mes na igrexa parroquial San Xinés de Bamio. O 20 de outubro o ciclo chega á parroquia de Nosa Señora da Xunqueira onde actuará a Coral Rosalía de Castro e o día 27 dese mes o Coro Liceo Vilagarcía protagonizará o concerto na igrexa de Santa María de Rubiáns.

O 3 de novembro a Coral Cortegada actuará na igrexa da Inmaculada Concepción dos Pais Claretianos, e o día 10 a Coral Polifónica de Vilaxoán fará o propio na parroquia de San Martín de Sobrán, sendo os únicos que tocan “na casa” por petición do párroco. A parroquia de San Pedro de Cornazo acollerá o concerto da Coral Alento Xoven o día 17 de novembro e a de San Pedro de Cea, o da Coral Rosalía de Castro o 24 de novembro.

A clausura do ciclo “Voces para un Centenario” corresponderalle a Coral de Sobradelo coa actuación do 1 de decembro na igrexa parroquial Santa Eulalia de Arealonga.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -