_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Tres exposicións serven de aperitivo á Semana do Voluntariado na que participan 24 entidades

A Sala de Exposicións e a antesala do Auditorio acollen dende hoxe tres mostras fotográficas que serven de aperitivo á Semana do Voluntariado que se celebra a partir do luns nas rúas de Vilagarcía e na que este ano participan 24 entidades sociais. A concelleira de Traballo e Benestar, Elena Suárez, inaugurou as exposicións organizadas coa Concellería de Xuventude e Voluntariado, o Fondo Galego de Cooperación e a Liga Reumatolóxica.
20. 08. 2013.- As mostras poderán visitarse ata finais do mes de agosto. A primeira delas, componse das trece imaxes seleccionadas entre as máis de 500 que se presentaron ao Concurso de Fotografía da Asociación Reumatolóxica e nas que se mostran a máis de 60 persoas afectadas por enfermidades reumatolóxicas que se posaron voluntariamente para facer visible á sociedade a problemática que supón convivir cotidianamente con estas doenzas. Na mostra tamén colaboraron artistas como o debuxante Miguelanxo Prado ou o actor Manquiña, que prestan a súa imaxe para o calendario benéfico que a Liga Reumatolóxica elaborou no ano 2012 coas imaxes do fotógrafo coruñés Miguel Abalo.

As outras dúas exposicións veñen a Vilagarcía a través do Fondo Galego de Cooperación e levan por título “Imaxes con Fondo”, na que os autores das imaxes expresan cos fotografías diversas caras da solidariedade; e “Influír no global dende o local”, na que se ilustra o traballo no día a día e a pe de calle de moitos voluntarios cuxa acción conxunta e concreta, contribúe a mellorar a sociedade en xeral.

As mostras fotográficas son a introdución aos actos programados polas Concellerías de Xuventude e Voluntariado e Traballo e Benestar para conmemorar a Semana do Voluntariado en colaboración coas entidades sociais do municipio. O epicentro da Semana estará na Praza de Galicia onde cada día haberá obradoiros e actividades para os máis cativos. Tamén se instalará a carpa Xplora Xuventude, para informar e asesorar sobre programas como Iniciativa Xove, Xuventude en Acción ou Voluntariado Xuvenil e Ambiental. O programa propiamente dito comezará o luns, 26 de agosto e que, ademais dos stands nos que os colectivos participantes poderán amosar á sociedade o resultado do seu traballo e expoñer os proxectos que desenvolven ao longo do ano, inclúe unha ampla lista de actividades lúdicas e culturais que levan como transfondo sensibilizar e concienciar á xente nos valores de solidariedade e voluntariado.

Así, haberá un ciclo de cine na rúa que leva por título “Educando en valores” e no que se proxectarán as películas “Azur e Asmar”, “Kirikú e as bestas salvaxes”, “James e o melocotón xigante” e “Happy Feet”. Tamén se celebrará o I Perrathon Solidario en beneficio da Protectora de Animais de Vilagarcía e pecharase a Semana do Voluntariado coa Gala Solidaria no Auditorio na que actuarán o grupo de teatro Banco de Tempo de Valladares, As Cantadeiras Bulideiras de Fontecarmoa, Grupo de acordeóns “Arosa Bay”, o cantautor Gonzalo Arca e Xabreu Orfeón. Tamén haberá contacontos. Estas actuacións contan co patrocinio de Reas Galicia, Asociación Por Dereito, Proxecto Home, Areva e a Liga Reumatolóxica Galega
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -