_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O Concello recupera a zarzuela vilagarciá “A Lenda de Montelongo” con motivo do Centenario

O Auditorio Municipal acollerá o vindeiro sábado, 1 de xuño, a posta en escena da zarzuela “A Lenda de Montelongo”, unha obra composta en 1924 polo vilagarcián Bernardo del Río con libreto dos tamén vilagarciáns Manuel Rey Posee e Juan Buhigas Olavarrieta. O Concello promove a recuperación desta zarzuela galega como un dos actos centrais da conmemoración do Centenario e co obxectivo de que os vilagarciáns poidan redescubrir e gozar dunha obra que tivo un grande impacto no seu día e que será representada polo Coro Liceo Vilagarcía, a A Banda de Música de Vilagarcía e a agrupación Malveiras de Carril.
27. 05. 2013.- “A Lenda de Montelongo” volverá a Vilagarcía 60 anos despois da súa última representación e 1953. Esta zarzuela galega estreouse en 1924 en Santiago de Compostela e foi representada a continuación e con notable éxito en Vilagarcía, Coruña, Ferrol e Vigo. Durante as seguintes décadas, esta obra costumista volveuse a ver en varias ocasións aínda que de xeito discontínuo, producíndose a última posta en escena no ano 1956.

A representación do sábado promete ser todo un espectáculo xa que as tres formacións que saen a escena non repararon en esforzos e puxeron toda a súa ilusión nunha obra que sabe a Vilagarcía e na que levan moitos meses traballando. A escenografía, os vestiarios e a interpretación prometen o espectáculo que se merece unha obra que demostra a fonda tradición e a gran calidade musical existente en Vilagarcía dende moito tempo atrás.

Para a recuperación desta zarzuela, o Concello contou coa colaboración de Javier Jurado, profesor de Historia da Música no Conservatorio Superior de Música de Vigo e Máster en Investigación en Artes Escénicas pola Universidade de Vigo que fixo a súa tese sobre “A lenda de Montelongo”.

Obra costumista con trasfondo social

“A Lenda de Montelongo” defínese como zarzuela galega, xa que está escrita integramente en galego e a acción ten lugar nun pobo de Galicia. Tratase dunha peza de corte costumista que describe a sociedade rural da época no contexto da redución foral. Con este fondo se desenvolve a historia principal, unha historia de amor entre dous mozos labregos, ela dunha familia propietaria do chan que traballa e el dunha familia pobre de campesiños sen terra. A obra conta con todos os elementos que caracterizan á zarzuela galega xa que,a demais do idioma, está chea de xiros, expresións e refráns galegos e recolle mostras do folclore e a cultura da zona, ao incluírse unha muiñeira e un alalá.

A acción desenvólvese co fondo sempre presente das ruínas do Castelo de Montelongo, unha transposición ao Monte Lobeira, que no libreto foi escenario doutra antiga historia de amor entre unha moura secuestrada polo rei que habitaba o castelo, e o mouro ao que amaba e que nunca puido liberala.

Partituras e edición literaria do libreto

Aparte de conmemorar o Centenario e dar a coñecer esta zarzuela aos vilagarciáns, o Concello pretende que a representación serva tamén para facer que “A Lenda de Montelongo” se volva a representar en Galicia. Por iso, con motivo do acto do sábado e mediante a colaboración de Concello e Deputación, editaranse as partituras e o libreto da obra para que as bandas de música e orquestras de toda a comunidade, así como corais e coros, teñan acceso a elas e poidan poñelas en escena.

Tamén se porá á venta o sábado unha edición literaria do libreto por 10 euros.

Prezos
s entradas para asistir á representación da “Lenda de Montelongo” véndense a 6, 5 e 4 euros. Pódense adquirir anticipadamente a través de http://www.servinova.es e do teléfono 902 504 500 (máis custes de xestión) e o mesmo día da función na billeteira do Auditorio a partir das 19:00 horas. A representación comezará ás 22:00 horas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -