_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
Concertos, gastronomía, deporte, auga, cine na rúa en 3D, piratas e moito máis, nas Festas San Roque 12

O programa das festas San Roque 21012 chega cargado dunha enorme variedade de actividades lúdicas, culturais e deportivas para todos os gustos e para todas as idades. Aínda que os festexos propiamente ditos desenvolveranse entre o 10 e o 19 de agosto, as celebracións manteranse ata finais de agosto. O alcalde e as concelleiras de Cultura e Xuventude presentaron a programación que se caracteriza pola inmensa participación de grupos e colectivos locais na organización de diversos eventos.
As Festas de San Roque 2012 comezarán o venres coa inauguración do salón gastronómico Viña García, herdeiro de Alba Arousa; e de Expoferta; aínda que a apertura oficial dos festexos terá lugar o sábado coa lectura do pregón a cargo do deportista vilagarcián, Jordi Aragonés, preparados físico da selección española de baloncesto feminino.

Os nenos teñen un papel destaco durante as festas de San Roque e para eles deseñáronse actividades diarias que van dende as proxeccións cinematográficas do Fantasio na Rúa, ata unha intensa programación no club dos Superrroquiños. Tanto unhas como as outras terán como epicentro a Praza de Galicia a as rúas peonís da contorna. Como sorpresa, deste ano o Fantasio na Rúa abrirase cunha proxección en 3D, a de Los Pitufos. Nos Superrroquiños haberá espectáculos circenses, contacontos, sesión discotequera, festa da espuma, inchable e moito máis.

Os maiores terán unha festa propia, será un baile con chocolatada, e non faltarán eventos tradicionais como a Ofrenda Floras a San Roque, o desfile de Carrozas ou o Combate Naval.

A oferta gastronómica complétase cunha festa de exaltación do mexillón, a Festa da Ameixa de Carril, a Feira das Tapas e este ano, como novidade, a Oktober Fest ou Festa da Cervexa.

A festa volverá a invadir as rúas da cidade onde se celebrarán cada día actuacións e concertos de grupos locais como Versión B, 7 Setenta, Strikkers, a Banda de Música e moitos máis. E o cartel de grandes concertos encabézao nada menos que un mito da música española, o gran Raphael. Os que prefiran ritmos máis movidos terán a oportunidade de ver as Celtas Cortos e os máis atrevidos aos transgresores Las Nancys Rubias, o grupo que lidera o mediático Mario Vaquerizo.

A Festa da Auga volverá a regar o ecuador das festas de San Roque, que este ano inclúen a novidade dun Mercado Pirata que se emprazará na Baldosa e nas rúas da súa contorna.

O deporte tamén ocupa unha parte importante do programa de festas, período no que se celebrarán diversos torneos e competicións de fútbol, natación, tenis...e no que tamén haberá exhibicións na rúa como a de taekwondo ofrecida polo Olimpic, e a de Motos Trial, do club SQe M. E iso sen falar do ciclismo, gran protagonista deste ano xa que Vilagarcía acollerá o 30 de agosto a saída de etapa da Volta Ciclista A España.

Verbenas, pasarrúas, folclore, actos relixiosos, o festival de Cine do Liceo e o Proxecta son outras das moitas actividades incluídas no programa das Festa de San Roque 2012, que poden consultar completo no documento anexo:
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -