_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DESENVOLVEMENTO LOCAL
O concello oferta 162 prazas para facer unha travesía abordo do galeón “Illa de Cortegada”

Os interesados en saír a navegar abordo do galeón “Illa de Cortegada”, recuperado pola Asociación Rompetimóns, do Carril, co patrocinio do Concello de Vilagarcía, poderán facelo a partir do vindeiro sábado, e de xeito gratuíto. Grazas a un convenio entre a citada asociación e a Concellería de Medio Ambiente, que dirixe Jesús Longa, ao longo do verán haberá 18 saídas, en quendas de 11 da mañá e 5 da tarde. En cada viaxe poden subir ata 9 persoas, polo que en total serán 162 os vilagarciáns que poderán coñecer de preto o “Illa de Cortegada”.
27.06.2012. A solicitude está xa a disposición dos interesados nesta web, no taboleiro de anuncios. O prazo de inscrición comeza o 28 de xuño e permanecerá aberto ata cubrir todas as parazas.Só se admiten dúas persoas por petición, na que constará o nome, apelidos e DNI do inscrito. Aínda que o formulario pode baixarse de internet, é estrictamente necesario que se entregue fisicamente no Concello, pois as peticións serán atendidas por rigoroso orde de inscrición. Ademais, con iso o usuario recibirá atención personalizada, pois cabe a posibilidade de que o día e hora preferido non estea dispoñible, co que no mesmo momento poderá escoller outra data.

Os días de saída son: en xuño, o sábado 30; en xullo, os sábados 7, 14, 21 e 29; en agosto, o sábado 11 e o domingo 12; e en setembro, o sábado e domingo 8 e 9. As saídas se realizarán en dúas quendas, 11 e 17 horas.

En función das mareas, o percorrido pode variar, pero en principio inclúe o contorno de Cortegada, a foz do Ulla, a enseada de Ponte Beluso, en Boiro, e por suposto Carril.

Tendo en conta que a participación na actividade é gratuíta, o escaso número de prazas e case segura alta demanda, dende o Concello se pide colaboración dos veciños á hora de solicitar as prazas, pois ao tratarse dunha reserva aquelas que queden baleiras no mesmo día dificilmente se poderán cubrir.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -