_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
A Fundación traslada aos veciños os beneficios de andar co programa de rutas diarias “Camiña con nós”

A Fundación de Deportes pretende fomentar o hábito de andar entre os veciños da cidade dado que é a actividade física máis barata e sinxela de realizar e debido aos numerosos beneficios que reporta para a saúde a súa práctica diaria. Para eso, o órgano que preside Luis Garrigós, pon en marcha este verán programa “Camiña con nós” consistente na realización de rutas diarias nas que os participantes, acompañados por un técnico da Fundación a nutricionista Aurora García Emilio, serán sobre o xeito de que a camiñata sexa eficaz, así como outra información útil sobre alimentación saudable e mesmo sobre o equipamento máis adecuado para andar.
22. 06. 2012.- Os paseos do programa “Camiña con nós” comezarán o día 2 de xullo e desenvolveranse ata finais de agosto. Haberá rutas guiadas a diario, de luns a venres, que partirán sempre da explanada TIR ás 9 da mañá. O programa consta de cinco rutas que se diferencias pola súa duración e intensidade e que os participantes realizarán en función das súas capacidades e de xeito progresivo.

O “Camiña con nós” segue a liña do programa Galicia Saudable que está a desenvolver a Secretaría Xeral para o deporte. O concelleiro de Deportes, Luis Garrigós, explicou que coa iniciativa que se pon en marcha a nivel experimental en Vilagarcía preténdese fomentar entre a poboación o hábito de andar dun xeito constante ao longo do tempo, xa que se trata dunha actividade física apta para todo o mundo, e que reporta innumerables beneficios para a saúde, tanto a nivel físico como psicolóxico. Ademais, a orografía de Vilagarcía, practicamente cha, unido ás zonas de paseo existentes e que contan con excelentes vistas ao mar, elevan máis se cabe os atractivos da iniciativa. O obxectivo é que esta experiencia contribúa a crear o hábito e que, unha vez rematado o programa, a xente saia a camiñar de xeito individual ou en grupo de amigos a calquera hora do día.

Pulseiras refrectantes de agasallo
Para aqueles que aproveitan a tardiña ou a noite, os asistentes ao programa “Camiña con nós” recibirán de agasallo unhas pulseiras reflectantes, unha medida de seguridade moi necesaria para as persoas que camiñas de noite e por vías polas que transitan vehículos.

Axuda a controlar o peso, e bo para previr osteoporosis e para aliviar o estrés
Entre outras bondades, camiñar entre media e unha hora ao día a bo ritmo alivia o estrés, mellora a ansiedade e a depresión, axuda a controlar o peso corporal se o acompañamos dunha correcta alimentación, contribúe a previr a esteoporosis e reduce o risco de padecer enfermidades cardiovasculares, diabetes e mesmo cancro de colon ou de mama. Camiñar de xeito habitual tamén axuda a reducir os niveis de azucre en sangue e a diminuír a tensión arterial.

Para que as camiñatas sexan o más eficaces posibles hai que ter en conta conceptos básicos como o ritmo que debe seguir cada persoa en función da súa idade, costumes e capacidades; alimentarse de xeito saudables, hidratarse, levar o calzado adecuado, etc... Estes e outros aspectos seranlles expostos polo técnico da Fundación aos participantes durante as camiñatas e tamén pola nutricionista Aurora García Emilio que participará en varias das rutas para resolver as dúbidas que teñan os participantes.

Tomar as pulsacións e hidratarse
Os técnicos ensinarán aos participantes a tomarse as pulsacións e indicaránselles cantas deben ter en función da súa idade para que o exercicio axude a queimar calorías e resulte eficaz, e tamén se disporán de pulsómetros que os camiñantes irán turnando para controlar o seu ritmo cardíaco.

A actividade é libre, gratuíta e está aberta a todo o mundo, sen límite de idade. Tampouco fai falla inscribirse. Os interesados tan só deberán acudir ao punto de encontro á hora sinalada. En función dos asistentes e do hábito dos mesmos, organizaranse un ou varios grupos e faranse as rutas que mellor se adapten as súas características.

Cinco percorridos sinalizados en paneis
A primeira ruta, a más sinxela, terá unha duración estimada de 30 minutos e comprende o traxecto de ida en volta entre o punto de encontro na TIR, e o balneario da Praia Compostela. O segunda, cun percorrido medio, parte da TIR e chega ata o peirao de Carril. Como todos os demais, é de ida e volta e a duración estimada é de 60 minutos. Haberá un percorrido longo, dunha duración de hora e media entre a TIR e o miradoiro de Cortegada, nas inmediacións da nave da antiga conserveira Malveiras.

O cuarto e o quinto percorrido están cualificados como medio intenso e longo intenso. O primeiro, cunha duración máxima de 45 minutos parte da TIR e diríxese ao Parque do Castriño, onde xa haberá que camiñar por zoas con pendente, a diferencia das rutas anteriores que son completamente chas. O último percorrido, cunha dificultade media/alra, durará unha hora e media e sairá da TIR para continuar polo Castriño e seguir ata os depósitos de Ferrazo, para regresar ao punto de partida.

Para sinalizar as rutas, a Fundación instalará cinco paneis informativos nos diferentes puntos de partida e de remate de cada un dos percorridos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -