_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
O Concello de Vilagarcía, premiado de novo polas súas políticas de mobilidade e accesibilidade

O Concello de Vilagarcía vén de sumar un novo recoñecemento as súas políticas de mobilidade e accesibilidade. Os Premios Internacionais que outorga Empresas por la Movilidad Sostenible, co apoio dos ministerios de Transportes e de Transición Ecolóxica, valoraron o proxecto de Vilagarcía de Arousa dentro da categoría de municipios pequenos ou medianos. Entre os galardoados noutros apartados están a Área Metropolitana de Barcelona, a Empresa de Transportes de Madrid ou a Rexión Nova Aquitania, cuxa capital é Burdeos.
08.05.2024. Segundo o xurado, o Concello de Vilagarcía foi merecente deste premio “por sus iniciativas para el impulso de la movilidad sostenible, como la implantación del ‘metrominuto’, que impulsa la movilidad a pie al indicar cuánto se tarda en llegar andando de un sitio a otro; un programa de caminos escolares seguros que fomenta la autonomía en la infancia a través de rutas organizadas y acciones de urbanismo táctico en los alrededores de los colegios; o el servicio municipal de alquiler de bicicletas y el desarrollo de las ciclovías”.

O premio foi recollido en Madrid polo alcalde, Alberto Varela, xunto coa concelleira de Urbanismo e Mobilidade, Paola María. No acto participaron José Antonio Santano, secretario de Estado de Transportes y Movilidad Sostenible; Hugo Morán, secretario de Estado de Medio Ambiente; Sara Aagesen, secretaria de Estado de Energía; Pere Navarro, director da Dirección Xeral de Traffico; e Susana Gómez, subdirectora adxunta de Vehículos da mesma DXT.

Os “Premios Internacionales de Movilidad” buscan distinguir as boas prácticas e iniciativas en mobilidade, tanto no sector público como no privado. Os seus obxectivos son visibilizar casos de éxito e facilitar unha dinamización das mellores solucións que axuden a xerar resultados con impactos positivos a curto, medio e longo prazo, contribuíndo así a consecución dos obxectivos de forma máis eficiente.

A relación de premiados, no que figura o Concello de Vilagarcía, e que da conta da súa importancia, e esta:

- Premio Especial Internacional: Región Nueva Aquitania (capital Burdeos, Francia).
- Premio Municipio grande: Área Metropolitana de Barcelona.
- Premio Municipio mediano - pequeño: Vilagarcía de Arousa (Galicia).
- Premio Empresa pública: Empresa Municipal de Transportes de Madrid (EMT).
- Premio Especial Investigación: MAPFRE.
- Premio ONG, Fundación, Asociación, Otros: Colegio Marista - Nuestra Señora de la Salud –.
- Premio Producto: Mooevo Green.
- Premio Servicio: Acciona – Silence.
- Premio Especial de Movilidad al Trabajo: Sanitas.
- Premio Especial Impulsa: María de la Paz Robina, directora general de Michelin España-Portugal.
- Premio Empresa privada - PYME: Geever.
- Premio Empresa privada - Gran Empresa: Grupo Freixenet.
- Premio Especial Estrategia: NACEX by Logista.

Pode consultarse máis información en: http://www.movilidadsostenible.com.es .
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -