_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Pista libre para a reforma do parque do Cavadelo e a construción do novo skate

A esperada reforma do parque do Cavadelo e a construción do novo skate arranca definitivamente o luns, 13 de maio. Con certo retraso sobre as datas inicialmente previstas, pero coa total garantía de que a estrutura do parking soportará a actuación proxectada, os operarios da adxudicataria, Prace Servicios y Obras, comezan o luns a desmontar a pérgola e os equipamentos existentes no parque co obxectivo de despexar a zona sobre a que se desenvolverá o proxecto que transformará por completo este céntrico espazo público de Vilagarcía. O Concello inviste 373.155 euros na actuación que se financia cunha achega do Plan Concellos da Deputación e con fondos municipais.
08.05.2024.- Como xa se informara no seu día, a reforma do parque do Cavadelo pospúxose cando estaba a piques de iniciarse co obxectivo de certificar que a intervención a realizar non afectaría á cuberta do aparcamento soterrado -sobre a que se empraza o parque- e que a estrutura deste soportaría o peso dos elementos de formigón que se van introducir no skate. Aínda que o proxecto fíxose tendo en conta o proxecto orixinal do parking, considerouse oportuno realizar os estudos pertinentes por si dende a súa construción, hai tres décadas, puideran ter variado os límites de resistencia. En consecuencia, o Concello encargou a realización das probas de carga e o estudo de cálculos de estruturas que se contrastaron co proxecto a executar. Os informes técnicos son favorables e, por conseguinte, a obra pode comezar con todas as garantías.

Con esta actuación o goberno de Vilagarcía cumpre dous obxectivos, renovar un parque que se atopa moi degradado polo uso e o paso do tempo, e atender unha demanda dos usuarios das instalacións deportivas, con cuxa opinión se contou á hora de deseñar o proxecto do novo skate park.

A intervención que comeza o luns adaptará o parque á estética e aos requirimentos do século XXI, converténdoo nunha gran área de encontro e convivencia entre os deportes urbanos e a cidadanía. Pensando nos primeiros, a actuación prevista inclúe instalacións perfectamente equipadas e seguras destinadas á práctica de disciplinas como o skate, o parkour, o break dance e o BMX. Cada modalidade deportiva contará cunha área propia para a súa práctica, dotada de equipamentos e infraestruturas específicas, orientadas cara o centro do parque para favorecer a comunicación e interacción social entre practicantes das distintas disciplinas e tamén entre o público e os transeúntes. Os arquitectos tamén tiveron en conta os materiais a utilizar en cada unha destas áreas deportivas, optando polos máis axeitados para a súa práctica.
Ademais, manterase unha cancha de baloncesto e, por petición veciñal, habilitarse outra de fútbol.

Por último, o proxecto dará maior presenza ás zonas verdes e aos espazos de recreo para que a cidadanía poida gozar delas á vez que achegarse a coñecer estes deportes. Para evitar o que sucede actualmente -que os peóns bordeen o parque para chegar á zona do Centenario- crearanse corredores que animen a pasar e a permanecer tamén no Cavadelo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -