_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Vilagarcía mantén sa a tradición dos maios cunha festa que este ano reunirá medio centenar de composicións florais

A Festa dos Maios de Vilagarcía segue gozando de boa saúde, como o demostran as cincuenta composicións florais que exhibirán no Parque Miguel Hernández, os 22 colectivos e persoas a título individual inscritas na edición deste ano. A celebración desenvolverase o mércores, 1 de maio, a partir das 11.30 horas no Parque Miguel Hernández, e contará coa tradicional interpretación das coplas típicas desta festa e a exhibición dos maios. Os traballos deben permanecer expostos ata as 20:30. En caso de choiva, a celebración trasladaríase á Praza da Peixería.
27.04.2024.- Entre os participantes inscritos este ano hai seis ANPAs, unha agrupación, dous centros educativos, unha asociación cultural, a Residencia de Anciás Divina Pastora e once persoas a título individual. Tal e como sinalan as bases, cada participante pode presentar un maio por cada unha das cinco tipoloxías previstas. As máis numerosas son, como sempre, a dos maios cónicos e artísticos (13 traballos de cada modalidade), seguidos dos máis sinxelos das caixas (11 maios), cruces de maio (8) e barcos (5).

Todos os participantes recibirán rosca, e a suma das axudas en metálico oscilarán entre os 30 e os 150 euros en función do número de integrantes do grupo e de si interpretarán ou non coplas. Non se prevé achega económica para as cruces de maio, caixas e barcos que non aporten coplas e conten con menos de 4 persoas.

A modo de anuncio e para ir creando ambiente, os maios xa están presentes nas rúas de Vilagarcía dende onte grazas á decoración elaborada polo servizo municipal de Xardíns que distribuíu grandes maos cónicos por diferentes lugares do centro urbano. Fiúncho, cornos, margaritas, rosas silvestres, ovos, millo, froitas, cortiza de árbores e cunchas son algúns dos materiais naturais utilizados nestes traballos de fonda tradición popular.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -