_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Vilagarcía celebra a versión máis feminina da música cun Clasclás protagonizado por mulleres

“Andante” é o título deste ano do Festival Internacional de Música Clásica organizado polo Concello de Vilagarcía. O Clasclás regresa en xuño á capital arousá coa súa versión máis feminina e protagonizada principalmente por mulleres. A gran estrela e representante da escola rusa de piano, Elisabeth Leonskaja, encabeza un cartel do que forman parte tamén Judith Jáuregui, Hanna Kandinsky, Judith Bardoleta ou a agrupación Vocalia Talde, composta integramente por mulleres. Ademais, o certame deste ano prestará especial atención á música do romanticismo e, por primeira vez, á contemporánea. Tamén teñen cabida no programa compositores galegos.
22.04.2024.- A sétima edición do Clasclás presentouse esta mañá no Concello nun acto presidido polo alcalde, Alberto Varela, e no que participaron tamén as concelleiras de educación e Cultura, Paola María e Sonia Outón, a directora do festival, Rosina Sobrido, así como o director da Escola Municipal de Música, Alberto Estévez, e o presidente da Sociedad Filarmónica de Vilagarcía, José Luis Sanz.

Sobrido explicou que o Clasclás deste ano “quere ser unha homenaxe a todas as mulleres da música, que non sempre tiveron o recoñecemento e a visibilidade que se merecían. Afortunadamente hoxe xa non e así e querémolo celebrar con este certame”. Por iso, ademais de grandes instrumentistas, as músicas estarán representadas tamén no Clasclás por compositoras e vocalistas, do mesmo xeito que na propia organización do festival, cuxas directoras artísticas e as dúas vicepresidentas, son mulleres.

A maiores dos contidos xa expostos, Sobrido comentou que o programa reserva espazo para a música checa, rende homenaxe a Antonio Puccini no ano do seu 100 aniversario, dá protagonismo aos cuartetos para piano e corda e pon e en valor a música clásica galega incluído obras de compositores como Julio Domínguez, Jesús González e Marcial del Adalid. Outros nomes internacionais de prestixio presentes no festival son o Cuarteto Kandinsky, Malcom Martineau e Josef Spacek, así como os españois Cuarteto Gerhard e Adolfo González Arenas.

A maiores das actuacións do Clasclás a Pé de Rúa -protagonizadas en distintos espazos públicos da cidade por alumnado da Escola de Música e o Conservatorio para ir creando ambiente entre o 21 e o 23 de xuño-, o festival inclúe este ano seis grandes concertos e dous máis incluídos no denominado Clasclás Matiné que se estrea nesta edición. Serán os días 28 e 28 de xuño, pola mañá como o propio nome do programa indica.

Os concertos realizaranse en distintos espazos da cidade: Auditorio Municipal, Salón García, Pazo de Rubiáns e Pazo da Golpelleira. O do Salón García e o concerto de clausura no Auditorio serán de balde e, como nas edicións anteriores, para asistir aos dos pazos haberá que pagar unha entrada que inclúe un cóctel. Outra das novidades deste ano é que se establece unha entrada simbólica de 5 euros para o resto dos concertos a efectos de evitar que, pese a gran demanda existente, queden butacas baleiras, como estaba acontecendo coa retirada gratuíta de invitacións. As entradas xa están á venta a través da web http://www.clasclas.com

O alcalde felicitou á organización por “terse superado un ano máis e traernos esta marabillosa programación que converte a Vilagarcía nun referente, son só nacional, senón, internacional, da música clásica”. A maiores do prestixio dos intérpretes que participan, Varela puxo en relevo o valor engadido que ten o Clasclás grazas a súas vertentes pedagóxicas e social “que son o que converten este festival en algo único e entreñable”. De feito, o alumnado do Conservatorio Municipal de Vilagarcía poderá ampliar a súa formación asistindo a actividades e masterclasses cos intérpretes. E 20 colectivos sociais de atención a persoas con diversidade funcional poderán achegarse e gozar da música clásica con concertos específicos para eles.

Varela animou a todos os vilagarciáns, especialmente aso profanos, a aproveitar a oportunidade que ofrece o Clasclás, de tomar contacto coa música clásica a través de prestixiosos intérpretes, asegurando que “se o fan, van descubrir un novo mundo e van querer repetir”.

Programa completo e + info en:
http://www.clasclas.com

 
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -