_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
A nova Biblioteca Municipal de Vilagarcía reabre as súas portas nas flamantes instalacións da rúa Castelao

A Biblioteca Municipal Rosalía de Castro inicia mañá unha nova etapa. Coincidindo coa conmemoración do Día do Libro, o centro retoma a actividade nas flamantes instalacións da rúa Castelao. Nunhas dependencias máis amplas, funcionais, adaptadas ás novas tecnoloxías e aos criterios de sustentabilidade e de eficiencia enerxética, a Biblioteca reabrirá as súas portas para recibir aos usuarios habituais e a todas as persoas que desexen facer uso do centro bibliográfico ou, simplemente, pasar a coñecer a nova infraestrutura cultural en cuxa reforma o Concello de Vilagarcía investiu máis de 2 millóns de euros.
22.04.2023.- Na véspera da reapertura, o persoal da Biblioteca céntrase en dar os últimos retoques para que todo estea a punto e en perfectas condicións para volver á actividade mañá a partir das 9 horas. Os traballos da mudanza iniciada o pasado luns xa remataron e os libros e demais material de consulta xa están debidamente recolocados nos estantes de cara ao público. Durante a xornada de hoxe acabaranse de colocar os carteis e rótulos indicadores e informativos das distintas seccións para facilitar a localización e o acceso dos usuarios aos exemplares.

No que respecta ao equipamento informático, xa están reinstalados os ordenadores, así como a wifi e os sistemas internos para o rexistro e control do servizo de préstamo. O funcionamento de todos eles tamén se está a comprobar hoxe para que mañá non se produzan imprevistos. En canto ao servizo de préstamo, reactivarase mañá, retomando a conta dos prazos de devolución dende o pasado 15 de abril, cando se suspendeu debido ao inicio do trasladado da Biblioteca dende a antiga sede da Casa de Cultura de Rey Daviña ao novo emprazamento da rúa Castelao. Dada a situación de excepcionalidade, o centro dará uns días de marxe aos usuarios cuxa data de entrega lles venza de forma inminente.

Entre as novidades da reapertura, a Biblioteca ofrecerá aos seus usuarios un servizo adicional de consulta de textos legais a través da plataforma VLex. Farase a través dunha aplicación informática que se está instalando hoxe e á que os usuarios poderán acceder conectándose directamente dende os ordenadores do centro ou tamén coas súas propias terminais a través da conexión inalámbrica da wifi.

Como xa se dixo, a Biblioteca mantén o seu horario habitual de funcionamento, abrindo de luns a venres de 9 a 21 horas de forma ininterrompida e os sábados de 9 a 14 horas. Con estas 65 horas semanais, a de Vilagarcía é unha das bibliotecas municipais de toda Galicia co horario máis amplo de funcionamento. Ademais, co traslado ás novas instalacións amplíase o horario da sala infantil, que gaña unha hora ao día. Funcionará de 16.30 a 20.30 horas de luns a venres e os sábados de 9.30 a 13.30.

E para conmemorar o Día do Libro, a nova Biblioteca estreará nesta primeira xornada a sala infantil coa celebración dun contacontos e un obradoiro que ofrecerá a compañía tarabelos. O primeiro, titulado “Contos nunha roda” comezará ás 17.00 horas e o segundo, un obradoiro de ilustración de contos, ás 18.30. En ambos casos, a asistencia requiriu inscrición previa.

Unha demanda atendida e unha necesidade cuberta

O Concello de Vilagarcía investiu na construción da nova Biblioteca Municipal máis de 2 millóns de euros. Á reforma do local de Castelao destináronse 1.648.266 euros, financiados a través do programa ReacPon da Deputación nun 70%, e con fondos municipais no 30% restante. Anteriormente, o executivo local xa destinara 450.000 á adquisición dos locais da antiga sede do Liceo-Casino
Coa execución desta obra, o goberno de Alberto Varela cumpre un dos seus compromisos electorais máis ambiciosos e aténdese unha antiga demanda cidadá, á vez que se resolve a maior necesidade que tiña Vilagarcía en materia de equipamentos culturais: ampliar e moderniza a Biblioteca Rosalía de Castro.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -