_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
A Semana Muller e Cultura regresa con obradoiros, rap feminista, concertos e un faladoiro

A Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía presentou este mediodía unha nova edición da Semana de Muller e Cultura, programa que este ano se centra no sector musical e que se desenvolverán do 26 de abril ao 3 de maio. Co obxectivo de promocionar e facer visible a labor das profesionais que traballan nos distintos campos do eido musical, o departamento que dirixe Tania García programou dous obradoiros, dous concertos e un faladoiro, actividades todas elas protagonizadas por mulleres de Vilagarcía e a súa contorna. Todas as actividades son de balde.
19.04.2024.- A programación abrirase o venres 26 de abril co faladoiro “A muller na música” que terá lugar ás 20.00 horas no Salón García. Moderado pola xornalista pontevedresa Teresa Cuiñas, intervirán na conversa a música Guadi Galego; a presidenta da Asociación Galega de Empresas Musicais e mánager, Patricia Hermida; a cantante, creadora de Mulleres Galegas Kañeras e directiva da asociación Músicas ao Vivo, Patty Castro; a vilagarciá, Kris K, DJ residente da Duendeneta; e Tere Tresandí, técnica de iluminación.

Tras analizar a situación da muller no sector, a xornada rematará cun concerto acústico a cargo da vilagarciá Catuxa Salom, que fai música fusión combinando sons de raíces galegas e arxentinas. Será a partir das 21.30 horas no mesmo Salón García.

O sábado 27 de abril desenvolverase o primeiro dos obradoiros previstos, o de Iniciación á música electrónica que impartirá a vilagarciá Vicky Longa, música, compositora e directora do Longa Music Lab. A actividade desenvolverase nas instalacións do Auditorio en horario de 10 a 13.00 horas e as persoas interesadas en participar teñen de prazo ata o día 26 para anotarse a través da sede@vilagarcia.gal , enviando un correo ao enderezo muller@vilagarcia.gal o acudindo directamente a Área de Igualdade. O formulario de inscrición está dispoñible no taboleiro de anuncios da web http://www.vilagarcia.gal e no da sede electrónica.

A Semana de Muller e Cultura pecharase o venres 3 de maio coa realización de dúas actividades. A primeira, o obradoiro de rap feminista “Dar resposta” que impartirá a música e rapeira High Paw nas instalacións do Auditorio en horario de 16 a 19 horas. A asistencia tamén é de balde e as persoas interesadas deben inscribirse utilizando os medios sinalados para o anterior obradoiro.
E a xornada clausurarase nun ambiente festivo co concerto que, a partir das 20.00 horas, ofrecerán no Salón García High Paw, Pauliña e Kris K DJ.

A concelleira de Igualdade lembrou durante a presentación da cuarta edición da Semana de Muller e Cultura que o programa está destinado a poñer en valor o papel das mulleres que traballan na creación cultural e artística, así como a fomentar a inclusión e a visualización das profesionais femininas nestes sectores que tradicionalmente foron copados por homes. García Sanmartín agradeceu o traballo realizado dende o CIM para confeccionar “un programa moi completo e variado, que cremos que gustará a todo o mundo”.

Como “actor secundario” na presentación, o alcalde, Alberto Varela quixo estar presente no acto “acompañando ás protagonistas e para poñer de manifesto o meu compromiso pola igualdade, e porque a defensa dos dereitos das mulleres e a loita feminista é cousa que nos implica a todas e a todos”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -