_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
A Escola Municipal de música pon en marcha o proceso de matriculación para o curso 2024/25

A Escola Municipal de Música Bernardo del Río abre a vindeira semana o prazo de matriculación para alumnado de novo ingreso. As persoas, tanto nenos e nenas como adultos, que desexen iniciarse na música e aprender a tocar un instrumento, deben solicitar praza entre o 22 e o 30 de abril presentando o formulario debidamente cuberto a través da sede.vilagarcia.gal ou do correo escolamusica@vilagarcia.gal . Quen non dispoña de medios telemáticos poderá achegar a documentación á Secretaría do centro en horario de 10 a 13.30 horas. O formulario pode descargarse da web do centro http://www.emmusicavilagarcia.com ou da sede electrónica do Concello (formulario 13001).
19.04.2024.- A idade mínima para poder acceder ao centro é de 3 anos. Os nenos e nenas nados en 2021 deberán inscribirse en Iniciación á Música obrigatoriamente, e os nados entre 2017 e 2020 en Música e Movemento. Os maiores de 8 anos poden optar a algún dos instrumentos de corda (piano, guitarra clásica e eléctrica, baixo eléctrico, violín, viola, violoncello e contrabaixo), de vento-madeira (saxofón, clarinete e frauta traveseira), de vento-metal (trompeta, trompa, trombón e bombardino ou tuba) e de percusión (batería, timbais, láminas e multipercusión. Ademais, existen as especialidades de Linguaxe Musical para adultos e a posibilidade de matriculase para formar parte das agrupacións instrumentais do centro (banda infantil, coro, ensamble mixto e sinfonieta, combo moderno e conxunto de piano), así como nas materias de Informática musical e Análise e acompañamento.

A lista de admitidos publicarase na web da Escola de Música e no taboleiro de anuncios do centro o día 13 de maio. As persoas que teñan obtido praza deberán formalizar a matricula entre o 14 e o 16 de maio na Secretaría do centro. As solicitudes que non obteñan praza quedarán incluídas na lista de agrada coa que cubrir as posibles baixas que se poidan producir ao longo do primeiro trimestre do curso.

Pola súa banda, os educandos que xa cursan estudos no centro, terán que tramitar a renovación de matrícula do 2 ao 10 de maio.

Os formularios e a documentación a achegar pode consultarse na web da Escola de Música Bernardo del Río.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -