_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
COMERCIO E INDUSTRIA
O Concello impulsa o comercio e a hostalaría con formación individualizada para mellorar a súa competitividade

A Concellería de Promoción Económica de Vilagarcía vén de poñer en marcha unha nova iniciativa destinada a impulsar o comercio e a hostalaría locais. Trátase do Programa de Titorización para a Mellora da Competividade, que se desenvolverá ata o mes de xuño, e a través do que de ofrecerá formación individualizada e adaptada á actividade de cada negocio. A iniciativa inclúese no proxecto “Vilagarcía Viva”, financiado cos fondos europeos Next Generation.
17.04.2024.- A participación no programa limítase a 30 establecementos co obxectivo de poder adaptar os contidos a cada actividade e para que a formación sexa o máis completa posible. Polo momento xa solicitaron tomar parte na iniciativa 21 negocios de distintas ramas (venta de produtos frescos de alimentación, comercio de roupa, perruquerías, cosmética, etc..). Os interesados en participar poden anotarse nas dependencias da Concellería de Promoción Económica. A participación é de balde e está aberta a todos os establecementos do municipio.

CDF Consultoría y Gestión Formativa é a empresa contratada polo Concello para desenvolver a formación. A súa responsable, Cristina Parracho, explicou que o programa articularase en tres fase. A primeira, na que están xa traballando, é a selección dos negocios participantes, dos que, mediante visitas individualizadas, farán unha diagnose para coñecer a súa situación, necesidades e recursos dispoñibles. Xa cos estudos realizados, a segunda fase consistirá en deseñar un plan de acción personalizado, determinando as ferramentas que se poden poñer á súa disposición e establecendo as accións formativas a ofrecer en cada caso. A terceira fase consistirá en impartir a formación que, co obxectivo de mellorar a competitividade dos negocios, centrarase en traballar a “presenza”, tanto a física como a dixital (con actividades de escaparatismo ou márketing dixital) e en ofrecerlle información e coñecementos básicos para desenvolverse no marco actual (con cursos sobre lexislación, por exemplo en materia de venta on line, ou sobre seguridade alimentaria en comercio do ramo ou de restauración).

Durante a presentación do programa de Titorización e Mellora da Competitividade no Comercio Local, o alcalde, Alberto Varela, resaltou as numerosas iniciativas que o Concello está desenvolvendo dende hai anos para apoiar e impulsar o desenvolvemento do sector servizos e, moi especialmente, do tecido comercial e hostaleiro da cidade. “Somos conscientes de que esta actividade ten moito peso na economía local e por iso envorcámonos en ofrecer actividades e proxectos que contribúan a reforzar e a dinamizar o sector, para que sega medrando e xerando actividade e riqueza para eles e para o resto de Vilagarcía”.

O rexedor salientou á labor da Concellería de Promoción Económica que dirixe Álvaro Carou, “pola cantidade de iniciativas que está desenvolvendo para acadar estes obxectivos e polo proveito que lle está sacando aos fondos europeos do programa Next Generation para modernizar e fortalecer ao sector comercial con iniciativas dirixidas tanto á Praza de Abastos como ao comercio, á hostalería e aos pequenos negocios de servizos”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -