_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
PATRIMONIO
O Concello acomete a limpeza e restauración da placa conmemorativa da Praza da Independencia

Os traballos de limpeza e restauración da placa conmemorativa da Praza da Independencia comezaron hoxe da man da restauradora Iria López, contratada polo Concello no marco do plan de recuperación e mantemento do patrimonio histórico local que se está a desenvolver dende hai anos en Vilagarcía. Cun orzamento de 1.972 euros, a actuación ten como obxectivo limpar a laxa de mármore, ennegrecida polo paso do tempo e á exposición á intemperie, e volver a facer lexible o texto que relata o feito histórico do levantamento popular do pobo de Vilagarcía de Arousa contra a invasión francesa o 12 de maio de 1808.
16.04.2024.- Tras o establecemento dun perímetro protector para delimitar a zona dos traballos e protexer o monólito mentres se leva a cabo a actuación, a restauradora realizará unha delicada limpeza da laxa para retirar a sucidade incrustada entre as fendas do texto. A continuación xerará un molde mediante o que restituír as letras que se atopan deterioradas utilizando aplicacións de resina. Por último, consolidará e reintegrará as superficies de mármore debilitadas. Como remate final, tamén se protexerán as superficies metálicas da placa fixada sobre o monólito de pedra.

Os traballos teñen un prazo de execución de un mes, pero estarán rematados antes do vindeiro 12 de maio, día no que se cumpren 216 anos da asemblea popular na que Vilagarcía alzouse contra a invasión das tropas napoleónicas e declarouse independente do control francés. O acto encabezábao a Corporación Municipal presidida polo alcalde Manuel Bernardo Ibero Benavides, e contou coa presenza do comandante Brandariz e dunha ampla representación das forzas vivas e do pobo de Vilagarcía. Celebrouse na Praza do Mercado, renomeada anos despois como Praza da Independencia en lembranza deste feito que converteu a Vilagarcía na primeira cidade de Galicia en alzarse contra o exército de Napoleón, e polo que un ano despois sufriu unha dura represalia por parte das tropas invasoras.

A restauración da placa da Independencia forma parte das actuacións que, dentro do ámbito de Patrimonio, promoven tanto a Concellería de Urbanismo como a de Medio Rural. Entres as últimas actuacións de limpeza e restauración de elementos do patrimonio histórico e da arquitectura popular están as realizadas nas fontes da Praza Rafael Pazos e de Castroagudín e no lavadoiro de Vilaxoán. A maiores da intención que xa tiña o Concello de restablecer o estado da laxa conmemorativa da Independencia, tamén existía a petición dun veciño solicitando a intervención.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -