_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONSUMO
A Praza de Vilagarcía incorpora a etiqueta “Pescaenverde” para os produtos sostibles da pesca extractiva

A clientela da Praza de Vilagarcía dispón xa dun novo distintivo para recoñecer os peixes e mariscos máis ecolóxicos e sostibles que se venden na sala de abastos. Trátase da etiqueta “Pescaenverde”, un selo exclusivo para os produtos da pesca extractiva (non entran os da acuicultura) que cumpren os requisitos de baixa pegada de carbono e alto retorno enerxético. O etiquetado promovido pola Universidade de Santiago de Compostela presentouse aos praceiros e praceiras nun acto que tamén contou coa participación do alcalde, Alberto Varela, e do concelleiro de Promoción Económica, Álvaro Carou.
15.04.2024.- O encargado de explicar o significado do selo “Pescaenverde” foi Gumersindo Feijoo, vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación da USC. O docente comentou que o regulamento que recolle os criterios de valoración como e o procedemento que se utiliza para conceder esta etiqueta é froito dun intenso traballo de investigación realizado ao longo dunha década e foi aprobado polas oficinas de Patentes e Marcas española e europea.

A concesión do selo mídese en base a dous parámetros circunscritos ao ámbito climático e ao nutricional. No primeiro mídese a pegada de carbono que ten o produto dende que se colle no mar ata que chega ao mercado, e nel mídense aspectos que van dende o consumo e tipo de combustible utilizado no proceso, ata a enerxía de elaborar xeo para a súa conservación, pasando incluso por o tipo de pintura do barco. Trátase de garantir que a actividade sexa o máis respectuosa posible co medio. Por iso só se concede o selo “Pescaenverde” aos produtos cuxa pegada de carbono se sitúe por debaixo dun nivel máximo establecido.

No ámbito alimenticio mídese a chamada taxa de retorno enerxético, que é o poder nutricional que ten ese peixe ou marisco. Neste caso, canto máis elevada mellor, por iso márcase un nivel mínimo que o produto ten que superar. Feijoo comentou que no peixe e no marisco galegos -especialmente nos peixes azuis como a xarda, a sardiña ou o xurelo- esta taxa é moi alta, superada soamente pola soia.

En consecuencia, cando a clientela da Praza vexa no etiquetado dun peixe o selo “Pescaenverde” terá a seguridade de que se trata dun produto dos denominados ecolóxicos, nos que o custe ambiental de pescalo e transportalo é reducido e, pola contra, o poder nutricional que ten é elevado.

A etiqueta “Pescaenverde” súmase así a outros distintivos máis coñecidos como o “Pescaderías”, que certifican a orixe do produto, indicando que procede das rías galegas e, polo tanto, é un produto de proximidade. Na actualidade, xa son 37 as lonxas de Galicia nas que opera o etiquetado Pescaenverde.

O alcalde, Alberto Varela, agradeceu ao vicerrector da USC a súa presenza en Vilagarcía para dar a coñecer un selo que “oficializa a calidade dos magníficos produtos que se venden na Praza de Vilagarcía”. O rexedor tamén felicitou aos praceiros e praceiras polo esforzo e o interese que demostran día a día para manter “unha praza que xa é excelente” e para continuar avanzando en criterios de calidade “para que o noso Mercado Excelente siga sendo un reclamo de actividade e riqueza para vós e para toda a cidade”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -