_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
Os feirantes xa poden tramitar a instalacións de postos e atraccións para as festas de Santa Rita

A Concellería de Cultura ultima estes días a organización das Festas de Santa Rita abrindo o prazo de reserva de espazos as atraccións de feira, os postos ambulante e os das pulpeiras que tradicionalmente acoden á primeira gran celebración da tempada en Vilagarcía, a que se celebra en torno ao 22 de maio. As actividades dos feirantes distribuiranse, como de costume, entre a zona TIR, o parque Miguel Hernández e a contorna de Vista Alegre.
15.04.2024.- Os interesados dispoñen de prazo ata o 9 de maio para realizar as súas solicitudes a través da sede.vilagarcia.gal, cubrindo os formularios que se poden atopar aí mesmo ou no taboleiro da web http://www.vilagarcia.gal , e presentándoos xunto coa documentación que se indica nos mesmos.

Como xa é habitual dende hai anos, as atraccións de feira emprazaranse na TIR, segundo a distribución que se estableza dende o Concello. E os postos de venta de roupa, bixutería, complementos, alimentos e demais distribuiranse polos corredores do Parque Miguel Hernández. As atraccións e os postos poderán comezar a instalarse a partir das 00.00 horas do día 16 de maio e poderán estar en funcionamento do 17 ao 22 de maio, ambos incluídos. O día 23 deberán proceder á desmontaxe das instalacións e desaloxo dos espazos públicos.

Como xa aconteceu o pasado ano, as atraccións están obrigadas a funcionar en silencio unha hora ao día (de 19 a 20 horas) para favorecer o seu uso por parte de persoas con diversidade funcional. O resto da xornada terán que dispor dun fío musical único e común a todas as atraccións que non poderá superar os 95 decibelios. En canto aos postos de venta ambulante a distribuír no parque Miguel Hernández, non poderán superar os 2,5 metros de fondo.

Entre a documentación requirida, a maiores da común para todos os solicitantes, a máis extensa refírese ás atraccións de feira, que teñen que acreditar os boletíns eléctricos, os certificados de revisión de extintores, a inspección técnica anual da atracción visada polo colexio oficial correspondente e a póliza do seguro de responsabilidade civil cunha cobertura mínima de 600.000 euros.

Por outra banda, zona de Vista Alegre e a contorna da Praza de Abastos resérvanse para todos os postos relacionados coa romaría na honra de Santa Rita. Alí situaranse as carpas das pulpeiras e os postos de velas, exvotos e rosquillas. Neste caso, a reserva de espazo debe facerse presentando unha instancia xeral a través da sede electrónica ou, no caso de ser persoas físicas, no Rexistro Xeral. O prazo remata igualmente o 9 de maio.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -