_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
Siloé abrirá as festas de santa Rita cun concerto gratuíto o sábado 18 na Xunqueira

A banda vallisoletana Siloé protagonizará o gran concerto co que se abrirá o programa festivo de Santa Rita, que este ano gaña un día respecto do que vén sendo habitual, é dicir, do sábado 18 ao mércores 22 de maio. O conxunto de actividades no que traballa a concellería de Cultura, que dirixe Sonia Outón, será presentado nas vindeiras xornadas. Polo de pronto, xa se sabe quen tomará o relevo de Revólver, o grupo do ano pasado.
13.04.2024. O concerto de Siloé comezará ás 23:00 no parque da Xunqueira e a entrada será libre e gratuíta, como vén sendo habitual nas festas vilagarciás. A trío está liderado polo vocalista e cantautor Fito Robles, ao que acompañan o guitarrista e produtor Xavi Road e o batería Jaco Betanzos. Dende a súa creación, a banda de Valladolid foi evolucionando e mesturando a canción de autor folk e o pop/rock coa electrónica máis bailable. A dualidade dos seus mundos converxe de maneira perfecta, e iso trasládase aos directos, nos que, dependendo do recinto, pasan de momentos de absoluta enerxía bailable a outros máis introspectivos e acústicos. Temas como “La verdad” acumulan ata doce millóns de escoitas só na plataforma Spotify.

Tras “La verdad” (2016), “La luz” (2018), "Metrópoli” (2020) e “Paradiso” (2021). Nalgúns dos seus traballos contaron coa colaboración de artistas convidados da talla de Miss Caffeina, Belén Aguilera, Varry Brava, Dani Fernández e Delaporte, entre outros. Agora, os tres compoñentes de Siloé están inmersos na súa xira máis ambiciosa. Unha nova etapa na que están a presentar o que xa é, segundo recoñecen, o disco das súas vidas: “Santa Trinidad”. Un álbum, afirman, cargado de himnos instantáneos destinados a ser coreados en grandes recintos como “Todos los besos”, “Sangre en las venas” ou “Esa estrella”. Composicións que deixan ben claro o status de Siloé como un dos grupos máis importantes do panorama do pop e o rock independente nacional. E así se presentarán o sábado 18 de maio, na Xunqueira.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -