_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Vilagarcía expón o seu plan de xestión dos residuos orgánicos na Feira Internacional de Silleda

Vilagarcía foi unha das catro cidades de Galicia elixidas para expoñer a súa experiencia na xestión de residuos orgánicos no Congreso Concellos 20-30 que se celebrou onte en Silleda no marco da Feira Internacional de Galicia. O concelleiro de Servizos, Lino Mouriño, foi o encargado de explicar o plan que se está a desenvolver na capital arousá no transcurso da mesa redonda coa que se clausurou a xornada e na que tamén participaron representantes dos concellos de Santiago, Silleda e A Laracha.
12.04.2024.- Mouriño non estivo só no acto xa que, para presentar a campaña informativa e de sensibilización posta en marcha en Vilagarcía para mellorar a xestión dos residuos sólidos urbanos e os sistemas de recollida, levou a Organicarme, un dos simpáticos Comelixos que axudan a coñecer que tipo de residuos hai que desbotar en cada colector.

A maiores desta acción, o edil explicou que para cumprir cos obxectivos europeos de redución da fracción orgánica do lixo, o Concello de Vilagarcía está a desenvolver un plan que se sustenta en tres piares. O primeiro, e que leva a cabo xa dende hai anos, é o da compostaxe, tanto individual como comunitaria. Este sistema sigue ampliándose co reparto de composteiros individuais para vivendas unifamiliares do rural e coa posta en marcha de máis centros de compostaxe comunitarios en zonas da periferia. E conta co seguimento e control dos mestres composteiros do Concello que se encargan de explicar e resolver as dúbidas dos usuarios. Con este sistema, cada veciño ten o poder directo de transformar un residuo nun recurso: o compost, o abono natural no que se converte a materia orgánica tras o sinxelo proceso da compostaxe.

A segunda pata foi o plan piloto de recollida da materia orgánica para grandes produtores, que comezou a operar máis recentemente con restaurantes, algún supermercado e froiterías, e que tamén está en fase de expansión. E o terceiro, pendente de poñerse en marcha no mes de maio, é a recollida da materia orgánica nas zonas urbanas mediante a implantación do contedor marrón, que se sumará aos demais dos colectores da recollida selectiva (resto, cartón e vidro). A diferenza que na compostaxe individual, en estes dous casos os usuarios só teñen que encargarse de separar o lixo e depositalo no contedor marrón. Un camión pasará a diario a recollelo e trasladalo á planta de compostaxe que Sogama ten en Baión, onde de procesa para transformala en compost.

Ademais de salientar a importancia de acompañar estas novidades coas correspondentes campañas informativas e de concienciación da poboación, Mouriño fixo fincapé en que para que estes cambios nos sistemas de xestión do lixo se implanten e funcionen de forma exitosa é necesario que todas as administracións remen no mesmo sentido e poñan as facilidades necesarias para que cada concello, sobre todos os de menor poboación, poida optar polo sistema de xestión que mellor se adecúe as súas necesidades, sempre tendo en conta que o importante é reducir a fracción orgánica que hoxe en día supón case a metade do volume da bolsa do lixo e que, de non separarse e tratarse adecuadamente, supón un elevado custe ambiental e económico.

Tamén se referiu a necesaria colaboración entre responsables políticos o os dos servizos encargados da recollida e xestión dos residuos. E por último, pero quizais máis importante aínda, a concienciación e implicación de toda a cidadanía. “Temos que ser didácticos e facerlles comprender que o simple xesto de separar o lixo orgánico e botalo no contedor marrón ou, si é o caso, tratalo eles directamente no seu propio composteiro, require o mínimo esforzo, pero supón un beneficio inmenso para o coidado do medio e tamén para a economía”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -