_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
BIBLIOTECAS
O Día do Libro celebrarase na nova Biblioteca cun obradoiro e un contacontos na sección infantil

Coincidindo coa inauguración da nova Biblioteca Municipal nas dependencias da rúa Castelao, o Concello de Vilagarcía organiza dúas actividades infantís para conmemorar o Día do Libro o vindeiro martes, 23 de abril. Deste modo, os nenos e nenas terán a oportunidade de coñecer a nova sección infantil acudindo ao contacontos e ao obradoiro de ilustración que se desenvolverán esa tarde nas flamantes instalacións. A asistencia, orientada a crianzas de cinco anos en diante, é de balde, pero as prazas son limitadas, polo que será preciso inscribirse previamente.
10.04.2024.- A celebración do Día do Libro comezará na sección infantil da Biblioteca ás 17.00 horas co contacontos “Contos nunha roda”, que ofrecerá a compañía Tarabelos. Seguindo a técnica do “kamishibai”, unha tradición milenaria xaponesa de contar contos, e utilizando un teatriño de papel montando sobre unha bicicleta, o narrador relatará varias e divertidas historias sobre lendas galegas. A actividade ten unha duración de 50 minutos e ofértanse 50 prazas.
Ás 18.30 horas dará comezo o obradoiro de ilustración e contos que tamén impartirá Tarabelos. Tras relatar unha historia aos asistentes, cada participante recibirá un pequeno libriño do conto con espazos en branco nos que poder debuxar. Cada neno e cada nena deixará voar a súa imaxinación e dará renda solta á súa creatividade para ilustrar o conto utilizando técnicas como o collage, o debuxo, a pintura, adhesivos, troqueis, tec…) Deste xeito, cada participante conseguirá un libro único e diferente. O obradoiro de ilustración durará 90 minutos e contará con 25 prazas.

Inscrición por mail a partir do 15 de abril

Para participar nestas actividades será preciso inscribirse remitindo un correo electrónico ao enderezo biblioteca@vilagarcia.gal . Nel deberá indicarse expresamente a actividade á que se pretende asistir (contacontos ou obradoiro), o nome e apelidos, e a data de nacemento do neno ou nena. O prazo de inscrición ábrese o día 15 de abril e pecharase o 22. As prazas cubriranse por orde de inscrición (dentro do período mencionado) e a admisión será confirmada a través do mesmo correo electrónico.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -