_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
O Concello e a Cámara de Comercio exploran vías de colaboración para impulsar xuntos a economía local

O Concello de Vilagarcía e a Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía abrirán unha vía de colaboración para impulsar a economía local. Esta nova liña de traballo conxunta acordouse no encontro que mantiveron en Ravella o alcalde, Alberto Varela, e o presidente do órgano cameral, José García Costa, e no que tamén participaron o concelleiro de Promoción Económica, Álvaro Carou, o xerente da Cámara, Víctor Varela e o membro do comité executivo, Miguel García.
10.04.2024.- A reunión foi unha primeira toma de contacto na que os responsables de ámbalas dúas institucións explicaron as iniciativas que están a desenvolver e os recursos que ofrecen cada unha delas, tras o cal puxeron de manifesto a conveniencia de coordinarse á hora de ofrecer recursos e ferramentas para fomentar o emprendemento e atraer actividade industrial á cidade, de xeito que non se dupliquen esforzos e as accións resulten máis eficaces. Con este obxectivo, os técnicos de Concello e Cámara celebrarán novas reunións de traballo nas que se irán concretando as medidas a desenvolver no marco desta nova vía de colaboración e que poderían concretarse a través da firma dun convenio.

O rexedor agradeceu a actitude proactiva da Cámara de Comercio e valorou moi positivamente a posta en común de obxectivos, recursos e estratexias de xeito que se poidan optimizar os resultados buscados. Ademais, Varela salientou a importancia da colaboración institucional e entre a iniciativa pública e privada para procurar o desenvolvemento da economía e, en consecuencia, mellorar a calidade de vida das persoas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -