_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
A Biblioteca despídese o día 15 da Casa da Cultura para estrear as novas dependencias da rúa Castelao o día 23

Vilagarcía vivirá o día 23 de abril unha das xornadas máis esperadas dos últimos tempos: a estrea da nova Biblioteca Municipal Rosalía de Castro nas flamantes dependencias da rúa Castelao. A reapertura da sede bibliográfica nas modernas instalacións faise coincidir cunha data sinalada, a da conmemoración do Día do Libro. Para que todo estea en perfecto estado de orde e de funcionamento esa xornada, a Biblioteca de Rey Daviña terá que pechar as súas portas do 15 ao 22 de abril co obxecto de facilitar o desenvolvemento dos traballos de traslado dos fondos e dos equipos informáticos ao edificio de Castelao.
09.04.2024.- Malia a que o plan de traballo xa está deseñado e organizado, o importante fondo da Biblioteca Municipal de Vilagarcía, composto por 55.275 exemplares (entre publicacións impresas de todo tipo, documentos sonoros, audiovisuais, electrónicos, gráficos e cartográficos), implica que a retirada ordenada dos mesmos, o seu traslado e a posterior recolocación nas correspondentes seccións, leve varios días. Aínda contando cunha empresa de mudanzas, os traballos serán dirixidos e supervisados polo director e o persoal da Biblioteca Municipal.

Ademais, tamén é preciso proceder á desmontaxe dos equipos informáticos, tanto os de uso público como os de xestión interna, e á súa posterior instalación e posta a punto nas novas dependencias. Este requisito obriga a suspender o servizo de préstamo de libros durante o tempo no que a Biblioteca permaneza pechada. Para non prexudicar aos usuarios que teñan recollido algún exemplar, o cómputo do prazo de devolución non se computará ata a reapertura das instalacións de Castelao.

O goberno local prega desculpas polas molestias que este peche técnico pode provocar aos usuarios habituais da Biblioteca e agradece de antemán a súa comprensión, lembrando que a partir do día 23 poderán gozar dunhas instalacións cómodas, modernas e con servizos adaptados aos tempos nos que vivimos, tal e como demandaban.

Horario ininterrompido de 9 a 21 horas de luns a venres, e os sábados de mañá

A nova Biblioteca comezará a funcionar o día 23 de abril co seu horario actual: de luns a venres de forma ininterrompida de 9 a 21 horas, e os sábados de 9 a 14 horas.

Non obstante, unha das primeiras novidades é que a sección infantil –que inicialmente tamén se despraza ao edificio da rúa Castelao- amplía o seu horario. A apertura adiántase unha hora de luns a venres (pasando a funcionar de 16.30 a 20.30 horas), e tamén os sábados (que abrirá de 9.30 a 13.30). Este horario é dos máis amplos que existen en Galicia en canto a bibliotecas municipais.

Unha infraestrutura cultural adaptada aos requirimentos do século XXI

O novo emprazamento no local da rúa Castelao permite á Biblioteca Municipal de Vilagarcía dispor de maior superficie da que tiña ata o de agora na casa de Cultura de Rey Daviña. As novas instalacións suman 1.482 metros cadrados (1.274 metros de superficie interior e 208 de terrazas e patios) distribuídos en tres niveis: baixo, entreplanta primeira e entreplanta segunda.

As característica do inmoble e o deseño realizado polo arquitecto Alberto Redondo sacan o maior proveito ás dependencias, que destacan pola súa luminosidade (con amplos ventanais cara as tres rúas) e espazos diáfanos. A maiores, ao tratarse dunhas instalacións totalmente novas e adaptadas especificamente á finalidade do servizo, a nova infraestrutura cultural está dotada con todas as comodidades e tecnoloxías que precisan os usuarios, e cumpre coas normativas de accesibilidade (dispón de elevador con acceso directo dende a rúa) e de eficiencia enerxética. Coa execución desta obra, o goberno de Alberto Varela cumpre un dos seus compromisos electorais máis ambiciosos, á vez que resólvese a maior necesidade que tiña Vilagarcía en materia de equipamentos culturais e aténdese una antiga demanda cidadá.

Un investimento que superou os 2 millóns de euros

O Concello de Vilagarcía investiu na construción da nova Biblioteca Municipal 1.648.266 euros financiados a través do programa ReacPon da Deputación nun 70%, e con fondos municipais no 30% restante. Anteriormente, o executivo local xa destinara 450.000 á adquisición dos locais da antiga sede do Liceo-Casino



4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -